A Fiscalía demanda a Audasa polo cobro "abusivo" de peaxes durante as obras en Rande
O ministerio público presenta unha demanda colectiva por cobrar integramente a peaxe malia o deficiente servizo que prestou polas obras de ampliación na contorna da ponte e pide que a concesionaria reintegre o importe e indemnice os afectados por algúns dos atascos.
O reintegracionismo muda a estratexia e aposta polo binormativismo
A AGAL aproba apostar pola convivencia de dous modelos gráficos para o galego: un identificado coa actual normativa e outro co converxente co portugués. A asociación considera "possível e até benéfico" a convivencia dos dous porque "todos podem ter vantagens".
Un órgano de En Marea suspende as primarias previstas para este sábado e outro insiste en que se manteñen
A comisión de garantías di que houbo irregularidades no proceso e pospón a votación e o comité electoral insiste en que “segue en marcha” e que pode “garantir” o seu “correcto funcionamento”
Morre Ramón Muñiz, presidente da 'Irmandade Moncho Valcarce'
Sociólogo, foi promotor das Comisións Labregas e da ANPG na clandestinidade e membro da primeira Dirección Nacional do BNG. Participou activamente noutras entidades sociais, como a Asociación de Traballo Social Comunitario e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social
Praza.gal medra... E chega VINTE!
A nova xeira de Praza.gal e mais o nacemento de VINTE chegarán ás pantallas o vindeiro 11 de decembro. As socias e socios de Praza xa coñecen algo do que está por vir e algunhas das novidades coñeceranse xa no posto da Fundación Praza Pública no Culturgal 2018
Retos e potencias da xestión cultural galega
O CEU en Xestión Cultural da USC inicia este venres, coincidindo co Culturgal, a publicación en Praza do volume colectivo A xestión cultural en Galicia. Unha visión panorámica e actual. 13 textos de expertos e expertas nos seus ámbitos que buscan xerar debate sobre distintos aspectos da cultura galega
Unha rede de estafa por internet, tras o anuncio falso de Amancio Ortega e a súa operación para “salvar España”
Analizamos como funciona a última gran campaña de fraude que usa a imaxe do empresario galego e apela á filantropía para enganar aos usuarios
O persoal de Alcoa secunda unha folga de 24 horas
Os 369 traballadores da planta da Coruña están convocados a un paro dun día desde as dez da noite deste xoves. Parte deles participarán nunha mobilización ante a factoría da empresa en San Cibrao.
Alcoa amplía un mes a negociación do ERE, á que se incorpora xa o persoal da Coruña
A xustiza dos Países Baixos rexeita a demanda de paralizar o expediente e a multinacional advirte agora de que "escoitará e analizará" ofertas para a venda das dúas factorías ameazadas co peche.
O clamor feminista tinxe as rúas galegas de lila e negro contra a violencia de xénero
Os azos e o espírito das enormes mobilizacións feministas do pasado 8M volven ás rúas de vilas e cidades galegas contra a violencia de xénero e contra quen "mira para outro lado" cando se producen agresións
Premio do público á Casa de Rosalía no Culturgal, unha feira para "facer negocio e país"
A Fundación Praza Pública estará presente cun posto propio durante toda a feira, onde presentará as inminentes novidades de Praza.gal e novos proxectos asociados ao xornal a piques de comezar
Xosé Manuel Rodríguez-Abella, alma educativa do Concello de Santiago
OBITUARIO O pedagogo municipal de Compostela faleceu este venres tras trinta anos de traballo nos que puxo en marcha iniciativas educativas que xa son emblema da capital galega