Décimo venres negro na CRTVG "contra a manipulación e o desmantelamento, non paramos"
Persoal da TVG e da Radio Galega mobilízase por décima semana consecutiva e advirte: "estamos sen medo a loitar e máis unidos ca nunca, acabaron os tempos das lamentacións"
Esta noite poderá verse dende Galicia a eclipse de Lúa máis longa do século
O fenómeno poderá observarse a partir das dez e continuará ata despois da medianoite. O satélite adquirirá unha tonalidade vermella ao volver ser visible. Hai convocatorias para seguir a eclipse en Compostela, A Coruña, Vigo, Boqueixón, Sanxenxo, Castrelo de Miño, Salvaterra de Miño, Forcarei ou o Monte Neme.
O antigo cárcere da Coruña abrirá as súas portas o 4 de agosto como centro cultural
Unha festa con música, teatro, danza e exposicións sobre o espazo de memoria servirá para inaugurar a actividade regular do edificio, aberto para os colectivos sociais e entidades culturais que queiran facer uso das instalacións. De momento, pódese utilizar só unha pequena parte, dado o mal estado do inmoble
Axentes forestais mobilízanse en plena folga e advirten de que sen acordo tornará en indefinida
Entre as súas principais demandas para un novo acordo laboral destacan a redución das quendas de doce horas, o recoñecemento das enfermidades profesioniais e o aumento do cadro de persoal. Os dous sindicatos convocantes denunciaron os servizos mínimos.
Emilio Cao, condenado a tres meses de cadea, non entrará en prisión
O mozo carballiñés non terá que ingresar finalmente no cárcere logo de que a Fiscalía solicitara penas de 5 anos e 8 meses de prisión tras ser detido hai máis de catro anos logo dunha carga da policía ao final da mobilización das Marchas da Dignidade.
Villares reivindica a "diversidade" de En Marea e pide centrarse na xente que "non ten un goberno digno"
O portavoz asegura que "non vai haber ruptura" na formación, á que reivindica como "espazo aberto" e "sen cancelas". "Temos capacidade de sumar desde esa diversidade e nós entendemos a nosa alternativa política desde esa suma de diversidades sociais", di.
Todas as principais forzas agás o PP conmemoran o Día Nacional de Galicia con actos políticos e de lecer
AXENDA | A axenda política do 25 de xullo volve ter Santiago como epicentro, aínda que tamén inclúe actos noutras localidades como Rianxo, Mugardos ou Sarria
70 anos do 'Alba de Groria', letra de Castelao para a "festa maior de todos os galegos"
DESCARGABLE | O histórico discurso pronunciado polo líder galeguista en 1948 en Bos Aires tornou en símbolo político e ideario de todo un movemento político.
Varias persoas feridas logo de arder un barco turístico na ría de Arousa
Unha embarcación turística arde preto da Toxa. Varios viaxeiros lanzáronse ao mar e foron rescatadas por embarcacións da zona. Hai cincno feridos gaves e dous deles foron trasladados ao CHUAC da Coruña por importantes queimaduras.
“Defender a Constitución é defender a identidade galega”, di Feijóo ao entregar as Medallas aos presidentes do Constitucional
Tras un ano marcado pola crise política catalá, o presidente da Xunta presenta Galicia como garante da defensa da Constitución no acto institucional das Medallas de Galicia
O TSXG anula o plan urbanístico de Muxía ao carecer de avaliación ambiental
O tribunal admite a demanda dunha veciña contra a Consellería de Medio Ambiente e o Concello, que "non xustificaron debidamente a omisión do procedemento ambiental legalmente esixido".
Mercedes Peón, Gloria Gaynor e Raphael, cabezas de cartel das Festas de María Pita 2018
O Festival Noroeste, con bandas como The Pretenders ou Belle and Sebastian, e a Romaría de Santa Margarida, desta volta con Xabier Díaz e as Adufeiras ou SondeSeu, son algunhas das principais citas da programación das festas coruñesas