Os axentes medioambientais adían un día a folga para "garantir a seguridade" do persoal dos servizos mínimos
CIG e UGT, que denunciaron os servizos mínimos, advirten de que o limiar do 20% fixado polo departamento de Beatriz Mato arrisca a "seguridade e protección" do persoal que teña que traballar durante a folga
Emilio Cao: "A protesta social está criminalizada. Buscan a docilidade da poboación"
O mozo do Carballiño, que hai uns días evitou o cárcere ao recibir unha condena de 3 meses, ofreceu unha rolda de prensa na que agradeceu o apoio recibido pola sociedade galega e lamentou os "catro anos de presión sobre a miña familia e as miñas amizades", sufridos por mor da súa acusación
Coren integrará no seu cadro de persoal 1.350 falsos autónomos, grazas ás denuncias sindicais
Estes traballadores levaban anos realizando as súas funcións a través de Servicarne, sen estar contratados. A incorporación producirase este 1 de agosto, cumprindo unha orde da Tesourería Xeral da Seguridade Social que nun primeiro momento a empresa se negou a aplicar
Os taxis de Galicia únense á folga do sector
O paro iniciarase no mediodía deste luns e rematará o mércores. Os profesionais galegos decidiron nunha asemblea celebrada da Coruña apoiar as reivindicacións do sector, ante a xuntanza que manterán os seus representantes co Ministerio de Fomento para buscar unha solución ao conflito aberto polos vehículos con licenza VTC
O 112 recibiu case 25 mil avisos pola presenza de velutinas no último ano
O número de incidencias disparouse no verán e no outono de 2017 e volveu aumentar neste mes de xullo, no que xa chegou a mil. En Ames, Santa Comba, Pontevedra, Oleiros e Cambre detectáronse máis de 100 niños só no que levamos de 2018. Noutras 40 localidades atopáronse entre 26 e 100 niños desta avespa
O 'Outono Fotográfico' de Ourense desaparece despois de 35 anos polos "incumprimentos" do Concello
Os seus organizadores confirmarán a suspensión do certame este luns nunha rolda de prensa na que darán conta do "proceso de calculada desatención do acordado" por parte do Goberno local. Este peche súmase ao do Festival Internacional de Cine, que este ano non se celebrará, tamén con críticas á xestión municipal
Case todos os concellos galegos deberán aplicar medidas contra o radon nas novas edificacións
Fomento fixo público o borrador do novo Código Técnico de Edificación, que esixirá barreiras de protección e outras accións para reducir os niveis deste gas nun gran número de localidades. En Galicia 309 dos 313 concellos entran nas zonas prioritarias delimitadas e 25 no espazo de máximo control
Carne Cruda volve a Bueu para celebrar o 10º aniversario do programa
O espazo radiofónico gravarase por segundo ano consecutivo no Festival Internacional de Curtametraxes da localidade (FICBUEU). Será o 9 de setembro, no inicio dunha xira que o levará por dez cidades de todo o Estado.
Novas medicións de radon en vivendas confirman Ourense e Pontevedra como as zonas con maior concentración
As comarcas de O Condado, O Morrazo, Baixa Limia, Viana e Terra de Trives son as que rexistran os valores máis elevados no interior de vivendas. Por cidades, Ourense e Vigo encabezan a lista. O Laboratorio de Radon da USC leva realizadas case catro mil investigacións en toda Galicia.
A APDR destaca que a actividade de Elnosa en Lourizán a partir deste domingo é "contraria á lei"
Este domingo finaliza a súa concesión en terreos de dominio público. Porén, este venres a subdelegada do Goberno en Pontevedra afirmou que a planta non pechará ata que se resolva o seu expediente de caducidade, que podería chegar no outono. A entidade convoca un acto este domingo para celebrar que "se inicia a fin" do complexo ENCE-ELNOSA.
Avistada de novo unha balea azul en Fisterra
VIDEO | O BDRI rexistra imaxes dun novo exemplar deste xigantesco animal na costa galega, que se suma aos que foron localizados o pasado ano. A descuberta confirma o regreso das baleas azuis a Galicia, despois de décadas de ausencia.
Os Blancos, Miño e Catoira, concellos con máis débeda viva por habitante
MAPA INTERACTIVO | A localidade ourensá suma case cinco mil euros de endebedamento para cada unha das 812 que viven no termo municipal. Porqueira, Nogueira de Ramuín, A Bola, Avión, Barreiros, Viveiro e Allariz completan a lista das dez vilas con máis débeda.