Rianxo defende a moción solidaria con Palestina que Israel quere levar a xuízo
O texto, no que o Concello se compromete a non realizar convenios ou contratos con institucións ou empresas israelís, foi aprobado en maio cos votos a favor de BNG, PP, PSdeG e Rianxo en Común, que presentara a iniciativa. O Goberno local reafirma o seu compromiso coa causa palestina.
Pontevedra volveu pedir a fin das touradas na cidade
GALERÍA DE IMAXES | Centos de persoas manifestáronse o sábado para esixir que Pontevedra deixe de acoller a derradeira feira taurina de Galicia. A modificación da Lei de Protección Animal -que fai unha excepción coa tauromaquia- e a supresión do convenio do Concello cos propietarios da praza de touros, principais esixencias. A filla de María Victoria Moreno leu o manifesto
A selección feminina de fútbol gaélico, campioa de Europa
Obtivo o título tras vencer na prórroga á selección de Francia (28-24). A selección masculina acadou o subcampionato, caendo na final ante os franceses (10-15). Uxía Castro, xogadora do compostelán Estrela Vermelha, de 19 anos, foi elixida MVP do torneo, celebrado en Lorient.
Máis de 300 persoas feridas ao afundir parte do paseo do Náutico de Vigo durante O Marisquiño
332 persoas resultaron afectadas polo "colapso" do paseo das Avenidas, cinco delas están en estado grave, pero ningunha vida corre perigo. Feijóo di sentirse "avergonzado" e pide explicacións a Concello e Porto, que coinciden en sinalar un "fallo estrutural" como causa do derrubamento.
Doce venres negros na CRTVG e o persoal mobilizado advirte: "Seguiremos o tempo que cumpra"
A dimisión dos presentadores do Telexornal Serán e posterior ameaza de despedimento contra Tati Moyano aguilloaron unhas protestas que inicialmente foran ninguneadas dende a cúpula da corporación pública e tamén dende a Xunta. O Colexio de Xornalistas defende "a lexitimidade das reivindicacións" e rexeita "calquera intento" de represalia
Un informe pon en dúbida a vixencia e a validez do convenio de 2004 para recualificar os peiraos da Coruña
O documento encargado polo Goberno local á empresa Oficina de Planeamiento sinala numerosos "vicios procedimentais" no texto, destaca a ausencia dun estudo económico financeiro da actuación prevista e critica a renuncia do Concello ao 10% do solo, que lle pertencería por lei
O BNG denuncia que se superaron os 30 graos dentro do Hospital de Pontevedra na vaga de calor
A formación leva ao Parlamento a situación vivida por doentes e familiares no Hospital Provincial de Pontevedra, cualificada de “inhumana, terceiromundista, inexplicábel, insoportábel” pola deputada Montse Prado, que asegura que nalgúns casos se acadaron os 35 graos
Marica Campo, protagonista do Día das Galegas nas Letras
A autora será homenaxeada o vindeiro 15 agosto no Parque da Milagrosa, en Lugo, na quinta edición desta celebración organizada pola plataforma de crítica A Sega.
Cerdedo homenaxea dous canteiros asasinados en 1936
Os actos terán lugar este domingo. O monolito que lembra a Francisco Arca e Secundino Bugallo, sindicalistas da CNT, foi destruído en catro ocasións dende o ano 2006. O Colectivo Portalén, organizador dos actos xunto con Capitán Gosende, denuncia que o Concello de Cerdedo-Cotobade "teima en manter rúas dedicadas a represores".
O histórico narco Manuel Charlín volve ser detido nun operativo contra o tráfico de "miles de quilos" de cocaína
A operación contra a chegada a Galicia dun alixo dunhas dúas toneladas de cocaína saldouse coa detención de 26 persoas, entre elas o patriarca dos Charlín e o seu fillo Melchor. Manuel Charlín levaba ata agora oito anos fóra do cárcere
Galicia debuta este sábado no europeo de fútbol gaélico en Lorient
Todos os partidos da primeira fase, tanto en categoría masculina como feminina, xogaranse este sábado e as finais o domingo. Os homes enfrontaranse a Gascoña, Francia, Alemaña e Bretaña, e as mulleres a Francia, Alemaña e Bretaña. Este mércores anunciouse que o Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019.
A APDR manterá unha xuntanza na Moncloa para tratar o futuro de Ence e Elnosa
Os representantes da entidade non serán recibidos por Pedro Sánchez, que alegou "problemas de axenda", pero reuniranse no complexo presidencial co director do Departamento de Asuntos Económicos. A asociación busca confirmar a caducidade da concesión da empresa ELNOSA e esixirá a reversión da prórroga de 60 anos concedida a ENCE por Rajoy