- 8M 2019
- Movementos sociais Ao vivo
Folga feminista "por todas as mulleres, por todos os dereitos"
A xornada de folga e numerosas mobilizacións feministas convocadas para este 8M reclaman medidas concretas contra a desigualdade de xénero en todos os ámbitos da vida, dende o traballo remunerado ata o dos coidados, e mudanzas sociais profundas para a fin das agresións machistas
A Wikimaratona busca incorporar á Galipedia información sobre 70 mulleres galegas hoxe ausentes
Ourense acollerá este sábado 9 de marzo a segunda Wikimaratona do Día Internacional da Muller. Como o pasado ano, búscase incrementar e mellorar os contidos sobre figuras femininas na versión galega da enciclopedia libre
O Goberno de Rajoy ofreceu a Puigdemont "simular" un referendo o 1-O
O secretario de Estado de Seguridade no 1-O relatou ante o Tribunal que o Goberno de España "trasladou" a Puigdemont que "podería simular ese referendo nas prazas dos municipios ou en lugares abertos" que non contradirían o veto xudicial
Urkullu desmente a Rajoy e detalla no Supremo como mediou coa Generalitat tras o referendo
O lehendakari precisa ante o Tribunal Supremo datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano Rajoy. "A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro"
Rajoy liga a activación do 155 en Catalunya a actos de "acoso" dos que soubo polos medios
"Se non se chamase á xente a un referendo ilegal non teríamos que ver as lesións", di o ex-presidente do Goberno central na súa declaración como testemuña no xuízo aos líderes independentistas cataláns sobre a intervención policial na xornada do referendo
Forcadell abre a vía do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos cunha demanda contra a súa prisión provisional
A avogada de Forcadell anunciou o recurso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos na xornada en que a ex-presidenta do Parlament catalán declara ante o Supremo
Bosch, segunda empresa con máis persoal de Vigo, presenta un ERE temporal para 650 persoas
A decisión está motivada polos recortes introducidos por Vodafone. Os sindicatos critican que a compañía de telemarketing, que decidiu tamén prescindir de 200 empregadas temporais, rexeitou negociar os axustes ou recolocar noutros departamentos as persoas afectadas
O Día de Rosalía consolídase como a gran cita anual para celebrar a vixencia da poeta
"Centos de persoas renderon homenaxe á poeta nacional galega", resalta a Fundación Rosalía de Castro para describir o ambiente dos actos que evocaron a poeta no seu día en Santiago e Padrón, pero tamén en moitos outros puntos de Galicia, entre versos, música e reivindicación
O falecido contrabandista Terito segue figurando como un dos propietarios da sede do PP en Cambados
Somos Cambados revela un certificado que lle atribúe o 20% da propiedade como resposta ás acusacións dos populares contra a alcaldesa socialista pola relación do seu marido cun investigado nos anos noventa
Black Eyed Peas encabezan as primeiras confirmacións da segunda edición do Son do Camiño, do 13 ao 15 de xuño
Iggy Pop, David Guetta ou Rosalía, entre os preto de corenta primeiros confirmados, entre os que tamén están os galegos Iván Ferreiro, Familia Caamagno, Marem Ladson ou Baiuca
Un ronsel de 30 nomes para trazar a historia da ciencia en Galicia
O Consello da Cultura Galega presentou este martes o libro Álbum da ciencia. 30 nomes e as súas achegas, que presenta de forma amena e moi visual as biografías dunha trintena de científicos e científicas e que se pode descargar de balde na web da institución
As primeiras sondaxes das europeas sitúan o PSOE como primeira forza malia á alza da dereita
Os socialistas serían a primeira forza cuns dous puntos máis que hai cinco anos, segundo o inquérito divulgado pola Eurocámara, que non ten en conta coalicións como a que une o BNG con ERC ou Bildu