O FIB de Ourense encheu a Praza de San Marcial a pesar da negativa do Concello a concederlle permiso
O Festival Intercultural do Barbaña está organizado por ESCuA (Espazo Cultural Alternativo). A Policía Local acudiu ao lugar pero finalmente non obrigou a deter os concertos, nos que actuaron unha ducia de grupos. Os colectivos sociais e culturais da cidade completaron un verán inzado de actividades culturais
PP e PSdeG impiden que o Parlamento de Galicia analice o accidente do Marisquiño como pedían En Marea e BNG
Socialistas e populares rexeitan convocar un Pleno extraordinario no que compareza Feijóo e no que as outras dúas formacións querían solicitar unha comisión de investigación política. Pola contra, será o vicepresidente Rueda o que compareza no primeiro Pleno ordinario a mediados de setembro.
A xente de San Sadurniño e as súas historias volven ser as protagonistas do Chanfaina Lab
Entre o venres e o domingo, 32 realizadores e realizadoras participarán na quinta edición deste encontro audiovisual, no que terán gravar nunha fin de semana unha curtametraxe, que se estreará o vindeiro mes de febreiro.
O PSdeG-PSOE, única formación que rexeita a condonación da débeda do Porto da Coruña
Os socialistas afirman que o perdón da débeda é "xuridicamente inviable", pero un cambio na normativa da UE en 2017 avala as axudas aos portos marítimos sempre que se aprobe unha norma específica que legalice esta operación, o que permitiría que Coruña recibise o mesmo trato dado a Valencia.
A delegación galega no Festival de Lorient non admitirá gaitas marciais
As bandas de gaitas que queiran participar no evento (en agosto de 2019) só poderá empregar instrumentos tradicionais e non as coñecidas como "marcianas", adaptación da gaita escocesa. Tampouco se admitirá percusión de alta tensión.
O BNG denuncia na UE os "graves problemas de manipulación" na CRTVG
A eurodeputada Ana Miranda presenta unha pregunta escrita dirixida á Comisión Europea, da que cre que é "imprescindible" que tome medidas e faga cumprir a súa propia normativa na defensa do dereito á información e á pluralidade nos Estados membros.
O persoal do 061 solicita o cese da Dirección do servizo pola súa "nefasta xestión" do conflito laboral
O pasado 1 de agosto os traballadores e traballadoras iniciaron unha folga indefinida contra o traslado forzoso ás novas instalacións da Estrada. A Dirección do 061 suspendeu o 7 de agosto as negociacións, esixindo que se desconvoquen os paros.
Unha concentración en Combarro pide non minimizar a agresión sexual que tivo lugar no Armadiña
A ACDeM Armadiña, organizadora do festival, denuncia nun manifesto que "a vítima está desprotexida ante o agresor, que foi posto en liberdade horas despois". "Un home considerou que tiña o dereito a acceder sen consentimento ao corpo dunha muller. Feitos coma este non poden quedar na invisibilidade", sinala o texto
Verdegaia pide "desestacionalizar" as visitas ás Cíes e Ons e rachar co modelo de "verán e praia" no parque
ENTREVISTA | Diego Rodríguez Vieites, representante do movemento ecoloxista no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, alerta de que o borrador do plan de uso e xestión supón "un grave retroceso no tocante á conservación" deste espazo protexido. A entidade alerta do impacto medioambiental e dos problemas de seguridade xerados polo actual exceso de viaxeiros
O PP da Coruña reclama agora a condonación da débeda do porto que leva anos rexeitando
Anuncia que levará ao pleno municipal e tamén ao Parlamento galego senllas mocións para esixir do Goberno central o mesmo trato dado a Valencia, despois de ter rexeitado durante anos esta solución, apostando en cambio pola privatización dos terreos para pagar os préstamos concedidos polo Estado.
En Marea e BNG denuncian que a exhumación de Franco non traia tamén a devolución de Meirás
Ambas formacións consideran que se "debe aproveitar esta modificación da Lei de Memoria Histórica para garantizar que Pazo sexa de uso e proveito público". O Bloque reclama “unha axenda galega de recuperación da memoria histórica”.
Outro venres negro co persoal da CRTVG mobilizado: "Aquí seguimos, sen descanso"
Traballadores dos medios públicos galegos maneñen a mobilización por uns "medios libres e plurais" e o e polo "cumprimento íntegro da Lei de Medios" a dúas semanas da manifestación que percorrerá Compostela.