Xornada de reflexión: aspirantes ás alcaldías e á Eurocámara facendo cousas
Vermús, o Festival de Cans, compras atrasadas durante a campaña ou música repítense nos plans de candidatas e candidatos nesta xornada
Unha escavación arqueolóxica na Ribeira Sacra atopa restos humanos "posiblemente prehistóricos"
A investigación, dirixida por Xurxo Ayán, forma parte do proxecto Adegas de Memoria e procuraba un mosteiro medieval no lugar dos Conventos, na Pobra do Brollón. O equipo salienta que "de confirmarse a datación dos ósos atopados, estarían entre os restos humanos máis antigos atopados en Galicia"
Oliver Laxe volve de Cannes con premio para o primeiro filme en galego da historia do festival
'O que arde', premiada na sección Un certain regard, protagonízana Amador Arias e Benedicta Sánchez, veciña do Corgo de 83 anos cuxa espontaneidade na alfombra vermella de Cannes fica tamén para a historia do cinema galego
Outro 17 de maio na rúa: "Máis que nunca, queremos galego"
A situación do galego é crítica, mais pode mellorar se se comeza por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel e practicábel sempre", reivindica a plataforma Queremos Galego dez anos despois das primeiras mobilizacións contra o recorte do galego no ensino
Concienciadas: a que cheiran os libros?
Iria Veiga e Javier Balea explícannos neste Día das Letras Galegas a química do arrecendo dos libros no primeiro vídeo de 'Concienciadas', o novo espazo audiovisual de divulgación científica en Praza.gal
Condenado a doce anos de prisión o antigo frade do Cebreiro por abusar de dous menores
Os maxistrados da Audiencia lucense consideraron probado que entre 2014 e 2015 o antigo frade abusou sexualmente de dous menores de idade, unha rapaz e unha rapaza, ambos con problemas cognitivos
Pontón sinala a rehabilitación de casas en Rianxo como mostra da "garantía" do BNG fronte a "fórmulas fracasadas"
A líder do Bloque presenta os proxectos de rehabilitación e vivenda social do Concello de Rianxo como evidencia de que "onde gobernamos, transformamos vilas e cidades". Muíños, alcalde rianxeiro e candidato á reelección, salienta que a recuperación das vellas casas de mestres combina o arranxo dos inmobles "coa política social"
De NAO e Baiuca a 'Los Satélites' e o Diario Cultural: estes son os Premios Martín Códax
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a entrega da sexta edición dos galardóns. Sonia Lebedynski reclamou “espazos de promoción e difusión para a música galega nos medios públicos" que "deben ser críticos e libres de inxerencias do poder”
A Fiscalía acusa dun delito de violencia machista ao profesor da USC que defendeu á 'manada'
A sinalada polos axentes como agredida "solicitou o arquivo" da causa e que non fosen impostas medidas cautelares contra Luciano Méndez. A Fiscalía, baseándose no testemuño dos gardas, ve motivos dabondo para acusalo dun "delito de maltrato de obra no ámbito da violencia de xénero"
- Política Ao vivo
28A | O inicio do escrutinio sitúa o PSOE á fronte do novo Congreso e a dereita non suma
O comezo do reconto sitúa os de Pedro Sánchez na contorna do 30% dos votos e 128 escanos. O PP sería segundo con 66 escanos. En Galicia o reconto sitúa o PSdeG coa posibilidade de ser por primeira vez primeira forza seguido do PP con escanos tamén para En Común e Ciudadanos
En Marea compromete o impulso da 'lei trans' se logra representación no Congreso
Representantes de colectivos de persoas LGTBIQ advirten nun acto de campaña de En Marea das "serias ameazas" derivadas do ascenso da extrema dereita
A loita contra a velutina, freada por un "emprego ineficiente" dos recursos, erros nos trampeos e falta de I+D
Nun escrito remitido ás consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, a SGHN critica as actuacións da Xunta, reclamando un maior apoio á investigación e cambios na colocación de trampas e no uso de insecticidas, que están a prexudicar a especies autóctonas.