Braga homenaxea o Outono Fotográfico trala súa desaparición pola falta de apoio do Concello de Ourense
O certame deixou de celebrarse este ano despois de 35 edicións consecutivas, acusando o Goberno local de "incumprir os seus compromisos". A cidade portuguesa acollerá unha mostra retrospectiva e amosará tres exposicións que non puideron verse en Ourense trala cancelación da programación.
A mineira de Touro, multada con 30.000 euros por verteduras contaminantes a afluentes do Ulla
O organismo dependente da Xunta declara a Explotaciones Gallegas "responsable" dun "vertido non autorizado de lixiviados" aos ríos Burgo e Brandelos. A asociación Aldea Viva considera esta sanción outro "revés" na pretensión da compañía de reiniciar a extracción de cobre.
O fútbol gaélico galego comeza unha nova tempada consolidado e como referente en Europa
A Liga Galega masculina, que comeza o 29 de setembro, contará cunha cifra récord de 14 equipos; a competición feminina iníciase un mes máis tarde con 7 equipos. Galicia, onde o deporte se introduciu hai tan só sete anos, conta xa con varios títulos internacionais.
A Audiencia Nacional condena a seis meses aos rapeiros de La Insurgencia, que evitarán a prisión
A Sala de Apelación rebaixa a pena inicial de dous anos e un día por enaltecemento do terrorismo, destacando que os GRAPO -aos que facían referencia algunhas letras- están xa inactivos
Ferrol ensaia unha peonalización de todo o seu centro histórico co gallo do Día sen Coches
O barrio da Magdalena será peonil desde as 15 horas do venres 21 ata a noite do domingo 23. O Goberno municipal presentou o pasado ano o seu proxecto de peonalización, buscando reverter a crise poboacional e comercial do seu centro
A Fiscalía pide enviar a prisión aos rapeiros de 'La Insurgencia', seis deles galegos
Os integrantes da formación presentaron hai meses un recurso contra a sentenza de dous anos e un día, que os levaría ao cárcere polas letras das súas cancións. O Ministerio Fiscal pide desestimar o recurso e manter a condena ditada o pasado mes de decembro e sinala que as súas letras incitaban á comisión de actos de terrorismo.
Aznar nega a 'caixa B' do PP que acreditou a Xustiza e mófase da esquerda parlamentaria
O ex-presidente do PP e do Goberno de España desvincúlase no Congreso do financiamento irregular que a Xustiza deu por probado na súa etapa á fronte do partido e dá en negar, nun ton irado, a participación na guerra de Iraq que el mesmo promoveu
Así é María Victoria Moreno nos ollos do alumnado dos colexios galegos
A RAG deu a coñecer os gañadores dos premios Contádenos o voso Día das Letras, que recoñeceu as iniciativas do CPI Virxe da Cela (Monfero), o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) e a EEI do Milladoiro (Ames). Adaptacións musicais, un xogo de cuarto de escape, un programa de radio ou unha análise do amor da autora polos cans, entre os traballos
O Congreso debate a lei da PAH con 12.232 desaloxos en Galicia nos últimos 5 anos
A proposta inclúe cinco medidas, dende a dación en pagamento e o fomento de vivendas sociais ata fórmulas para impedir os desafiuzamentos hipotecarios ou a rescisión dos contratos de alugueiro. Cada día sete familias galegas son expulsadas da súa casa, cobre todo polo impago do seu alugueiro
A Escola Superior de Arte Dramática mobilízase contra os recortes e esixe a equiparación coa universidade
Alumnado e profesora paralizaron a ESAD no primeiro dos tres días de folga programados para esta semana. Protestaron ante a sede da Xunta en Vigo demandando as mesmas condicións que o resto de estudos superiores.
Un empresario manobra para que as touradas volvan a Sarria este mes
Ante a negativa do Concello a subvencionar a actividade ou a ceder terreos municipais, un empresario taurino prevé instalar unha praza móbil nunha propiedade privada e espera que o espectáculo teña lugar o 22 ou o 29 deste mes. A última corrida na localidade celebrouse en 2014.
Arxentina homenaxea a Paco Lores no seu cabodano: "Unha figura incomparable da emigración"
Persoeiros políticos e culturais de Galicia e de América lembraron o que fora presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina un ano despois da súa morte.