A Fiscalía advertiu 63 concellos galegos por non teren plan de prevención de incendios (pero son moitos máis)
O pasado ano remitiu un escrito a 152 localidades de todo o Estado, das que as galegas representaban o 40% do total. En Galicia escolleu dirixirse unicamente a localidades das provincias da Coruña e Pontevedra, pero optou por non facelo coas de Ourense e Lugo
García Lorca regresa a Galicia pola feira do libro da Coruña
A primeira edición dos 'Seis poemas galegos' de García Lorca saíu do prelo de Ánxel Casal apenas oito meses antes de que os franquistas os asasinasen a ambos. Alvarellos reedítaa nunha edición facsimilar que ademais recompila as fotografías do poeta en varias localidades galegas
O PP avala a proposta do PSdeG de María Xosé Porteiro como adxunta á Valedora do Pobo, que rexeitan En Marea e BNG
Populares e socialistas ratifican o pacto para repartirse a designación dos cargos da institución tras a dimisión de Milagros Otero, acordo contra o que cargan o resto de grupos, que gaban o perfil feminista da ex-deputada socialista
Velumap: a aplicación coa que podes axudar a prever a expansión da velutina por Galicia
Cada persoa que utilice Velumap pode elixir se dar conta de velutinas illadas ou de niños da especie, colaborando así a predicir a súa expansión. "Supón un grande avance porque, ademais de ter datos en tempo real, permite identificar a presenza da avespa asiática en lugares pouco accesibles ou con pouca poboación", explican os investigadores da USC e o Cesga que a desenvolven en colaboración coa Deputación da Coruña
Xacarandaina, Mercedes Peón ou Milladoiro encabezan a programación do Festival de Lorient máis galego
Gaicia é o país convidado na 49ª edición do evento máis importante da música dos países celtas, que comeza este venres. Xosé Lois Romero & Aliboria, Abraham Cupeiro, Tiruleque, Carlos Núñez, Xirandela ou Davide Salvado son outras das propostas que representarán o noso país.
Nueva Pescanova comercializará polbo de piscifactoría en 2023 entre dilemas científicos e ambientais
Nueva Pescanova comprou a patente despois de que o Oceanográfico de Vigo lograse deixar atrás a taxa de mortalidade do 99,9% que ata agora acadaba a cría do polbo en catividade e estuda a comercialización para 2023. Como pano de fondo, o incremento da demanda e os prezos disparados mentres colectivos ecoloxistas e voces científicas alertan dos riscos
Quince citas que non podes perder no mes máis festeiro da Coruña
Os concertos de Patti Smith, Ketama, Paco Ibáñez e todo o Festival Noroeste combinan co Salón do Cómic e a Feira do Libro, pero tamén coa Batalla Naval, o Teresa Herrera ou a Romaría de Santa Margarita. Un mes para andar de parranda e durmir de pé
A investidura de Sánchez volve fracasar coas pontes dinamitadas entre PSOE e Unidas Podemos
O reparto de culpas polo fracaso centrou boa parte do debate previo ao fracaso da investidura, que activa o 'reloxo' de dous meses antes dunhas eventuais novas eleccións xerais
Sánchez perde a primeira votación da investidura e ten dous días para xuntar votos dabondo
Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento". Grupos abertos a facilitar a súa elección, como ERC e PNV, repróchanlle ao líder do PSOE que apenas buscase o seu apoio.
- Ao vivo
- Política
O enfrontamento de Sánchez con Iglesias no inicio da investidura complica o pacto e achega a pantasma da repetición electoral
Malia ao duro enfrontamento tanto PSOE como Unidas Podemos din que manteñen abertas as negociacións cara á decisiva votación do xoves. "Se non hai acordo, non voten coa ultradereita", retou Sánchez a Iglesias mentres UP asegura que os socialistas pretenden darlles un papel "simbólico"
O asasinato de Vilalba volve poñer o foco nas eivas da protección ás vítimas da violencia machista
Os movementos feministas convocan mobilizacións de repulsa para este martes e as principais institucións galegas únense ao rexeitamento do asasinato de María del Carmen Vázquez a mans do seu ex-marido, sobre quen pesaba unha orde de afastamento. "Fracasaron todas as ferramentas para evitar as últimas consecuencias da violencia machista", lamenta a alcaldesa de Vilalba
- Ao vivo
- Política
En marcha a investidura de Pedro Sánchez, pendente do peche do pacto con Unidas Podemos
A renuncia de Pablo Iglesias a esixir ser ministro marcou o inicio das negociacións definitivas entre PSOE e Unidas Podemos. "Ata o xoves hai tempo", din fontes da negociación en referencia á segunda votación, á que previsiblemente se chegará por mor da ausencia de maioría absoluta na primeira