- Con vídeo
- Cultura Pontevedra
Cantos na Maré presenta a súa edición máis internacional e estendida pola cidade de Pontevedra
O festival celebra o seu 15 aniversario os días 13, 14 e 15 de setembro cunha programación na que destacan Mayra Andrade, Enredadas, Clara Peya, Maria João, Antón Reixa, Bia Ferreira ou Assa Matusse, e que inclúe ducias de concertos no Teatro Principal, no Pazo da Cultura e na Praza da Pedreira
A xustiza europea dálles a razón aos afectados polo índice hipotecario IRPH
O avogado xeral da UE deu a coñecer o seu ditame, que non é vinculante pero que adoita ser aceptado na sentenza final, que se coñecerá nuns meses. Atopa falta de "transparencia" e recomenda "control xudicial" para ao redor dun millón de hipotecas no Estado Español que durante anos pagaron xuros moi superiores á media
O persoal do aeroporto de Santiago vai á folga pola supresión da cantina e o incremento da precariedade
Os paros terán lugar os días 13, 20 e 27 de setembro. A eliminación do servizo suporía que os 1.000 traballadores e traballadoras das empresas que operan no Rosalía de Castro terían que aboar os prezos dos servizos de hostalaría, que duplican aos habituais.
A maior parte do eucalipto que necesita a ampliación da planta de ENCE en Asturias procederá de Galicia
A factoría fabricará un novo tipo de pasta de celulosa que necesita da variedade nitens, prohibida no Principado, pero non no noso país. Boa parte dos 1,7 millóns de toneladas de madeira que empregará a maiores a instalación serán cortados na Mariña lucense.
Feijóo acusa a Sánchez de "desprezar" e facer "chantaxe" a Galicia
O presidente da Xunta abre o curso político culpando o xefe do Executivo central da “incerteza” que di que sofren “os traballadores de Alcoa, os das centrais térmicas e milleiros de familias que non saben a quen vender a madeira”. "Necesitámoste, cando decidas, con quen decidas”, díxolle Pablo Casado.
A vaga de incendios queimou desde o mércores máis de 1.000 hectáreas en Galicia
Aos incendios dos últimos días, xa controlados, uniuse un activo desde as 11 da noite do venres en Ribeira, que queimou 150 hectáreas e cercou casas pola noite en Porto do Son
O Chanfainalab, un "revolto de cousas diversas" que retrata San Sadurniño coas ferramentas do audiovisual
Dende este venres e ata domingo celébrase a sexta edición desta "experiencia de creación audiovisual colectiva" na que 41 cineastas (un 58% mulleres) realizarán en dous días curtametraxes sobre esta vila e as súas xentes, co asesoramento de realizadores/as consagrados/as e outras persoas expertas.
PSOE e Unidas Podemos negocian catro horas sen avances que afasten a repetición das eleccións xerais
O pesimismo cara a un posible acordo que evite a repetición electoral é patente en ambas partes, pero ningunha quere levantarse aínda da mesa. O principal atranco da negociación segue sendo a negativa dos socialistas a aceptar a coalición e o rexeitamento de Unidas Podemos a votar favorablemente á investidura de Sánchez sen entrar no Goberno
Costeira Sonora: Viño e música en 'maridaxe' perfecta na primeira fin de semana do outono
Máis de dez horas de música ininterrompida sucederanse o sábado 28 de setembro entre os viñedos do Pazo de Toubes (Cenlle), no corazón da D.O. Ribeiro. No cartel, Ángel Stanich, El Meister, Las Chillers, María Yfeu ou Surma.
O nordés acelera a primeira vaga de incendios do verán cunhas 500 hectáreas ardidas
Un grande incendio en Monforte supera as 350 hectáreas e avanza con rapidez moi preto de varios núcleos de poboación. O lume tamén se achegou ás casas en Porto do Son, onde arrasou 80 hectáreas.
ERC e PNV advirten de que non atrancarán a investidura de Sánchez se hai pacto do PSOE con Podemos
Rufián ve "curioso" que Iglesias se presente como "humillado" polo PSOE mentres ERC accede a evitar a repetición electoral malia estar Junqueras na cadea. Aitor Esteban subliña que os nacionalistas vascos fan "todo o posible" para que a investidura saia adiante
- Con vídeo
- Cultura
'O que arde' estréase en Francia en galego e no dobre de salas que en España
Viendra le Feu proxéctase nun total de 54 cines de todo o país. No Estado español poderá verse a partir do 11 de outubro, pero antes haberá un pase especial en Compostela o vindeiro 1 de outubro, no marco do Curtocircuito.