A xuíza suspende a citación como imputados a Díaz e Gómez-Reino pola protesta de Alcoa ao "sospeitar" que son deputados
A xuíza di agora que ten a "sospeita razoada" de que os membros de Unidas Podemos aos que quixo imputar son membros do Congreso e, daquela, a competencia para investigalos é do Supremo. Mentres, os sindicalistas sinalados comezan este martes a declarar na Coruña
Retiradas seis toneladas de refugallos do fondo da Mariña da Coruña en apenas dúas horas
Un cento de participantes na actividade de limpeza organizada polo festival Mar de Mares retira da Dársena da Mariña coruñesa "numerosos obxectos de uso cotián como cadeiras, copas, valos, pneumáticos e mesmo patinetes e carros da compra"
Os Franco recorren a incorporación de Sada e a Xunta á demanda do Estado para recuperar Meirás
Os herdeiros do ditador presentan recurso ao auto do 10 de setembro que acordaba a comparecencia da administración local e do Goberno galego na demanda interposta pola Avogacía do Estado
Clamor contra a violencia machista por toda Galicia
Medio cento de mobilizacións feministas amosan por todo o país a repulsa polos tres asasinatos machistas en Valga. "Estamos fartas de que se use o feminismo para dar cor á acción política sen que iso redunde en melloras ou avances reais. O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades", subliñan
O Concello da Coruña, condenado a pagarlle ao Porto 1,6 millóns pola obra do goberno do PP no Parrote
A sentenza, que non é firme, acusa o goberno local de Carlos Negreira (PP) de non querer asumir o sobrecusto da obra que se comprometera a pagar tras modificar o convenio coa Autoridade Portuaria
Medio milleiro de persoas mobilízanse para esixir traballo na central térmica das Pontes
Transportistas, veciñanza, persoal de industrias auxiliares ou alcaldes mobilízaronse na Coruña pedindo unha descarbonización "regulada e ordenada" e a volta á actividade nas instalacións
- En actualización Contra a violencia machista
- Acontece
Un home comete un triplo asasinato machista en Valga
Sandra foi asasinada polo ex-marido cando ía levar ao colexio aos fillos menores de ambos, de 4 e 7 anos, que se atopaban no vehículo da nai no momento dos feitos. O asasino disparou inmediatamente despois contra a nai e a irmá da ex-parella, que acudiran á vivenda
PSOE e Unidas Podemos chegan ás horas decisivas para a investidura coa negociación rachada
A repetición electoral do 10 de novembro é neste momento o plan que preparan os cuarteis xerais de todos os partidos. Non obstante, no PSOE e en Unidas Podemos dispárase a preocupación ante unha posible desmobilización do electorado progresista que os prexudique fronte á actual posición que lograron o 28A
O filme romanés 'Cadoul de Craciun' triunfa na gala do FICBUEU, solidaria coa veciñanza de Ons
"Este é un dos lugares máis marabillosos nos que estiven; pola xente, polo amor ao cinema, por como está todo organizado", afirma o director da obra distinguida coa Ánfora de Ouro. No FICBUEU volveu estar presente o programa Carne Cruda con convidados como María Vázquez, Luis Zahera ou Paco Plaza e a música das Agoraphobia
As vítimas dos asasinatos franquistas xa teñen o seu monumento na Limia
O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia inaugurou un monólito cos nomes de 25 persoas asasinadas na comarca, "representativas da barbarie cometida" polos golpistas
A Universidade da Coruña cancela unhas xornadas sobre prostitución por "non poder garantir a seguridade do debate"
"O forte rexeitamento, fustigación e crueldade que estamos a sufrir, as falsas informacións e os comentarios recibidos fannos prever a imposibilidade de garantir a seguridade do debate nin a súa calidade académica", subliña a UDC para explicar a cancelación das 'Xornadas sobre Traballo Sexual', que ía acoller a Facultade de Socioloxía os días 19 e 20 de setembro
Outro fracaso nas negociacións de PSOE e Unidas Podemos achega aínda máis as novas eleccións xerais
PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernar. Echenique lamenta que o PSOE "non se mova" do plan de "goberno de partido único" e Lastra censura que UP se "negue a alcanzar un acordo programático progresista"