2018 comezou co menor número de nacementos en Galicia dende que hai rexistros
No primeiro trimestre do ano naceron 4.052 nenos e nenas, un 8% menos que no mesmo período de 2017, que foi o ano cunha menor taxa de natalidade na historia. O treito de idade entre os 35 e os 39 anos é xa o máis habitual para que as mulleres galegas teñan fillos
O persoal da CRTVG cumpre cinco meses de protestas contra a "manipulación"
Profesionais da Radio Galega e da TVG reivindican o "servizo público" que supoñen ambos medios no 23º venres negro. "O guión do futuro da CRTVG escribímolo nós", aseguran logo de celebrar a "vitoria" que din que supuxo o arquivo do expediente a Tati Moyano.
O Museo do Pobo Galego homenaxea a Carlos García Martínez, fundador e director durante dúas décadas
O acto terá lugar ás 12 horas deste sábado, coas intervencións de Francisco Calo Lourido, Teresa Soeiro, Encarna Otero, Xosé Ramón Fandiño, Carlos A. García Pose e Justo Beramendi. A institución destaca que García Martínez, finado o pasado mes de marzo, foi durante 42 anos "o seu principal valedor"
Dona Susana González Crespo
NOTA NECROLÓXICA | A señora dona Susana González Crespo faleceu o día 25 de Outubro do 2018 confortada co amor da súa xente e co esmerado coidado do persoal da Sanidade Pública, que ela sempre defendeu con paixón
As peaxes da AP9 subirán outro 1,9% de forma inminente
O Consello de Ministros aprobará este venres a suba, que responde á compensación a Audasa polas obras realizadas na Ponte de Rande e noutros treitos e, ademais, pola bonificación aplicada entre Vigo e Pontevedra. As peaxes xa subiron outro 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC
O PSdeG ante as municipais: da aposta por Bugallo en Santiago ás primarias en tres cidades
A agrupación compostelá chega a un acordo para que o ex-rexedor sexa o aspirante á alcaldía mentres na Coruña, Ourense e Ferrol a militancia deberá elixir entre varios aspirantes nas votacións que se celebrarán o vindeiro 18 de novembro.
Menos do 20% dos traballadores que cobran máis de 30.000 euros anuais son mulleres
A Zona Franca de Vigo levou a cabo un estudo sobre a igualdade de xénero nas empresas galegas, que destaca o limitado acceso da muller a postos directivos, onde representan o 24% do persoal. ARDÁN crea o indicador Empresa Igual en Xénero, que recoñece o 7% das compañías que cumpren cuns mínimos de igualdade
Nace o Premio Laudamuco, con Vidal Bolaño no recordo, para apoiar a creación de textos teatrais en galego
O galardón, impulsado por Concello de Brión, Academia Galega do Teatro e Edicións Positivas, dará a coñecer a obra gañadora o 16 de maio do vindeiro ano, no aniversario da estrea de Laudamuco, señor de ningures (1978), considerado o momento fundacional do teatro profesional galego
O paro baixa en Galicia ata niveis do inicio da crise con 60.000 empregos menos
O número de persoas paradas baixou en 22.000 persoas no terceiro trimestre deste ano até situarse nas 153.000 persoas, cifra semellante ao do inicio da crise pero cunha importante perda na ocupación.
'A Nosa Terra' regresa á rede coa hemeroteca dixitalizada do semanario dende 1977 e novos contidos
A publicación, dirixida por Afonso Eiré, incluirá reportaxes, crónicas, crítica literaria e entrevistas en profundidade. "Non se trata de competir, senón de complementar os medios de comunicación en galego que xa están en activo", destaca.
Arquivadas sen culpables as investigacións dos incendios de hai un ano no Val Miñor, incluído o que provocou dúas mortes
A falta de probas paraliza as investigacións dos lumes de Nigrán, Baiona e Gondomar, único concello este último no que se chegou a deter a dous irmáns nos días seguintes
Xouva Boats: Os barcos eléctricos chegan ás rías galegas
O enxeñeiro vigués José Manuel Ballester desenvolveu un prototipo (o Xouva 4.90) que conta cunha autonomía de seis horas e pode ser pilotado sen titulación. Pensado para uso turístico e de ocio, entre as súas vantaxes están a ausencia de emisións contaminantes e de ruído. Neste momento busca compradores para iniciar a súa produción en serie