O Consello de Europa apaña tamén un informe sobre as "carencias" do galego no Bierzo e Zamora
O colectivo Fala Ceibe achega a súa avaliación sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias nos territorios galegofalantes de Castilla y León e denuncia a ausencia de oferta escolar en varias localidades, a invisibilidade nos medios ou a toponimia deturpada.
Ourense celebra o 98 aniversario da revista 'Nós' sen actos programados polo Concello
A Asociación proCentenario de Nós 2020 alerta de que a falta de apoio social e institucional está provocando que a celebración esmoreza, dous anos antes da conmemoración do centenario da publicación, cuxo primeiro número saíu do prelo o 30 de outubro de 1920.
Morre Gustavo Pernas, figura fundamental do teatro galego das últimas décadas
O dramaturgo, actor e director faleceu aos 59 anos de idade. Obtivo numerosos galardóns, dende o Premio Max ao María Casares. “O teatro é compromiso, nunca un acto de partido. Xogamos coa mentira para alumear a verdade", escribiu para o Manifesto Galego do Teatro de 2009
O ex-líder do PP coruñés no Congreso, a piques de perder a presidencia que lle deu Rajoy nunha empresa de gas
En marcha a remuda de Antonio Erias na presidencia na sociedade Mercado Ibérico do Gas, cuxas contas máis recentes reflicten que percibiu 426.000 euros nun ano
Moaña licita de forma aberta e con cláusulas sociais o seu contrato eléctrico, ata agora en mans de Naturgy
É a primeira vez que se licita de forma aberta este contrato, o que permitirá un aforro duns 19 mil euros anuais. Ademais, introdúcense requisitos de sustentabilidade, garantía de contratación dun 50% de mulleres e esixencia de medidas de conciliación familiar para homes.
Denuncian que o proxecto de tirolina no Canón do Sil é "incompatible coa preservación dos valores naturais da zona"
A pasada semana coñeceuse a intención de instalar unha tirolina dun quilómetro de lonxitude entre o Mirador do Duque (Monforte de Lemos) e o Mirador de Matacás (Castro Caldelas). A Sociedade Galega de Ornitoloxía alerta de que podería poñer en perigo a inclusión da Ribeira Sacra na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO
A autoestrada entre Burgos e Euskadi, construída á vez que a AP-9, eliminará as peaxes o 1 de decembro
Os 91 quilómetros entre Armiñón (Áraba) e Burgos tiñan un custo de 12 euros para os turismos. A AP-1 inaugurou o seu primeiro treito en 1978, un ano antes que a autoestrada galega e finalizará a súa concesión o vindeiro 30 de novembro, 30 anos antes
Igualdade de forzas entre coordinadora e críticos no plenario de En Marea
En Marea mantén o sistema de listas pechadas para a elección do Consello das Mareas, como defendía o sector liderado por Villares que, no entanto, viu rexeitado o seu documento político. No plenario da formación, celebrado este sábado en Compostela, participaron unhas 600 persoas
Será este un dos últimos cambios de hora? Non está tan claro
Nesta madrugada ás tres foron as dúas, entrando no "horario de inverno". En marzo de 2019 volveremos mudar a hora para entrar no "horario de verán" e no outono os distintos estados da UE optarán por facer ou non outro cambio, para regresar ao horario de inverno. Con todo, a presidencia rotatoria da UE suxire adiar a decisión ata o ano 2021.
As peñas de Lugo, Dépor e Celta posiciónanse en contra de que a Liga xogue partidos fóra do Estado
As peñas dos tres principais equipos de Galicia rexeitan a proposta da LFP para que o Girona-Barcelona se despute en Miami o 26 de xaneiro e critican a "nova estratexia do fútbol negocio", que prexudica a socios, afeccionados e hostalaría, sobre todo dos chamados "clubs pequenos"
O Panteón dos Galegos Ilustres acollerá a exposición do CCG sobre o 'Alba de Gloria' de Castelao
A mostra, comisariada por Manuel Gago, inaugurarase o 7 de novembro e poderase visitar ata o 3 de febreiro. O derradeiro discurso de Castelao celebrou o pasado 25 de xullo o seu 70 aniversario
A Xunta elimina o control de Patrimonio para obras en milleiros de inmobles e limítao aos que teñen maior protección
Os propietarios poderán reformar vivendas tanto nos cascos históricos como nos camiños de Santiago sen permiso autonómico previo