Ames plantará outras 4.000 árbores caducifolias para frear os incendios forestais
O Concello presentou este venres a terceira fase do plan iniciado en 2016, que xa incrementou en 2.385 o número de frondosas nas faixas secundarias de protección, como mecanismo para previr a expansión do lume
A oposición galega presenta unida un plan de traballo para salvar a comisión de investigación dos recortes sanitarios
Propoñen 44 comparecencias, fronte ás 200 iniciais, que xa foran reducidas a 80 e rexeitadas polo PP na súa maioría. Advirten aos populares de que un novo veto levaría ao abandono da comisión por parte dos tres grupos, ao baleirala de contido
Casa de Rosalía, Chanfaina’Lab e Rede Cultural da Deputación da Coruña, candidatas ao Premio do Público do Culturgal
A iniciativa gañadora será elixida por votación popular, que se pode realizar a través da web ata o 23 de novembro. O Culturgal 2018 celebrarase en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.
A oposición en Outeiro de Rei leva á Valedora a negativa do alcalde a convocar os plenos ordinarios
BNG, FLI e PSdeG-PSOE denuncian que por terceira vez nesta lexislatura o rexedor impediu a realización do pleno, que debe ter lugar cada dous meses. Sinalan que esta actitude "vulnera de forma grave" os dereitos dos edís e da propia cidadanía
Unanimidade para dedicar a Verónica Boquete o estadio compostelán de San Lázaro
"Estou moi feliz, encantada de que leve o meu nome un estadio que para min é moi especial", di a xogadora, a quen a corporación compostelá homenaxea por ser "unha referencia para o fútbol base, especialmente para o fútbol feminino, que leva tempo a loitar para ter o mesmo recoñecemento e visibilidade que o masculino"
O Oceanográfico de Vigo confirma que deu reproducido o polbo en catividade
As fases futuras da investigación van ser desenvolvidas sobre a base dun contrato do IEO con Nueva Pescanova, empresa con "opción preferente de licenza da patente". Prevén que poida chegar ao mercado nuns cinco anos
O PPdeG culpou ata hai dous días a Sánchez de paralizar a construción de fragatas en Ferrol
“Hoxe en día, o maior risco para Navantia e para todo o sector naval é Pedro Sánchez”, dixo o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, o pasado martes no Parlamento, onde acusou o presidente do Goberno central "ter paralizado o proxecto das F-110"
Eurodeputadas ofrecen este xoves en Santiago unha charla crítica sobre o aumento do gasto militar na UE
A galega Lídia Senra organiza un coloquio no que estará acompañada da vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo, a alemá Sabine Lösing, que visita por primeira vez Galicia
Pedro Sánchez anuncia un decreto para que o imposto das hipotecas o pague a banca
A fórmula pola que opta o Goberno de España tras a viraxe do Supremo é un decreto para modificar a lei que regula o imposto e Sánchez di "esperar" que os bancos non repercutan o tributo na clientela cando estean obrigados a pagar. Pide, ao tempo, que o alto tribunal "reflexione"
O Supremo corríxese a si mesmo e ditamina que os clientes e non os bancos paguen os impostos das hipotecas
O alto tribunal español aproba por 15 votos a 13 revogar a doutrina que avalaran tres sentenzas e mantén a postura favorable aos bancos tras frear a aplicación da que daba a razón á clientela
O servizo de loita contra o lume acabará este mes con mil traballadores menos
Máis de 400 empregados do dispositivo público contra o lume remataron o seu período de actividade o pasado 31 de outubro e outros 610 cesarán o vindeiro 30 de novembro. Os sindicatos cualifican de "irresponsable" a decisión e insisten en acabar coa "precariedade" e aumentar os efectivos
O persoal de Alcoa volve mobilizarse este sábado ao pé da Torre de Hércules
Os traballdores chaman a cidadanía a mobilizarse o sábado ao mediodía ante a Torre de Hércules para formar o lema "Peche Non". O club mariñán Burela Pescados Rubén amosa o seu "apoio" aos obreiros e pide ás institucións "que abran unha vía de diálogo para manter os postos de traballo"