Alcoa abre a porta a escoitar ofertas polas plantas se os comités negocian xa o ERE
A empresa di estar disposta a escoitar propostas no caso de constituírse a mesa de negociación do ERE e incorporarse o comité da Coruña ás xuntanzas. A multinacional ofrece ampliar os plazos para chegar a un acordo.
A Xunta substitúe o xerente do 061 tras as polémicas contratacións de ambulancias e helicópteros
Unha investigación penal desvelou que vehículos sanitarios circularon con sobrepeso e o tribunal de contratos censurou que a fundación de emerxencias dependente do Goberno galego non revisou elementos de seguridade das aeronaves cando as adxudicou
Fernando Blanco pide "reflexión" sobre o uso político da xustiza tras sete anos de imputación
O ex-conselleiro, cuxa causa foi arquivada tras sete anos imputado, pide "reflexionar" sobre a esixencia de dimisión dos cargos públicos no momento de seren investigados. "Non se pode xudicializar a política para forzar dimisións", di un dos seus avogados.
Alerta pola "insuficiente" protección que prevé a Xunta para os parques do Invernadeiro e Enciña da Lastra
Nas súas alegacións aos plans de usos e xestión presentados polo Goberno galego para estes dous parques naturais, a SGHN alerta de numerosas eivas: dende prácticas e actividades prohibidas pola lei ao escaso financiamento previso para o funcionamento destes espazos de enorme valor medioambiental
Seis cancións optan aos premios do concurso musical infantil e xuvenil 'Quero Cantar'
VÍDEO | O certame organizado pola Deputación da Coruña celebrará este sábado a súa gala final, na que actuará María Fumaça, a banda capitaneada por Uxía. O ente provincial destaca o impulso que o evento supón para animar á mocidade a empregar a lingua galega.
Caballero, proclamado candidato á Xunta: "Estamos preparados para asumir o cambio"
O ex-presidente Touriño e a ministra de Traballo arroupan o líder do PSdeG como candidato á presidencia nas vindeiras eleccións, que segundo Caballero poden ser convocadas por Feijóo "cando queira" porque "o seu tempo está a chegar á súa fin"
O Goberno central rexeita a intervención de Alcoa: "Non estamos nun réxime comunista"
A ministra de Traballo, Magdalena Valerio, rexeita con contundencia a petición do persoal da empresa, que reclamou ao Executivo que aplicase os mecanismos legais que ten para intervir as fábricas ameazadas de peche se continúa negándose a negociar unha alternativa.
Médicos e o resto do persoal de Urxencias do CHUS inician este luns unha folga indefinida
Á convocatoria de paro da comisión de centro uniuse o sindicato médico o'Mega. Denuncian a escaseza de persoal e medios e os "colapsos" continuos. A Asociación de Pacientes e Usuarios apoia as protestas.
Medio milleiro de persoas e 30 colectivos marchan a Meirás pedindo a devolución do Pazo
A mobilización volve reclamar aos Franco que devolvan as Torres á cidadanía e insta o Goberno de Pedro Sánchez a que actúe xa.
O persoal pide "valentía" ao Estado para "intervir" Alcoa tras mobilizarse ante a Torre de Hércules
Centos de persoas, entre traballadores e cidadanía, volveron protestar contra o peche das factorías da Coruña e Avilés e pídenlle ao Goberno central medidas contundentes contra a multinacional se continúa negándose a parar o ERE e negociar.
Xornalistas Galegas nace advertindo que "o periodismo será feminista ou non será"
O colectivo presentouse este sábado de maneira oficial en Compostela e reivindicou o seu labor nunha profesión que reproduce "a desigualdade, a subordinación, a precarización e a feminización da pobreza"
A Audiencia de Lugo arquiva a causa contra o ex-conselleiro Blanco tras sete anos imputado
Xustifica a decisión na demora xudicial e na falta de credibilidade das acusacións do empresario condenado Jorge Dorribo, segundo adiantou o diario 'El Progreso'.