A web 'Terra e Memoria' permite a consulta online de 2.000 entrevistas sobre a represión e a emigración
O proxecto compila fondos de tres grupos de investigación da USC: Histagra, Hispona e Histamérica, entre eles os que compoñen o arquivo de Nomes e Voces ou as historias orais dun milleiro de emigrantes galegos.
Concello e propietarios demandan máis construción no parque natural de Corrubedo, fronte ás críticas do ecoloxismo
O Goberno municipal de Ribeira apoia as alegacións presentadas ao Plan Reitor de Usos e Xestión polos propietarios de terreos, que piden reducir as restricións á edificación, á actitividade agrícola e á gandería. ADEGA, Verdegaia ou a SGHN critican a clasificación como solo urbano de áreas dunares nas que habitan especies protexidas.
Barquero e Mato serán os candidatos do PSdeG en Ourense e Ferrol; na Coruña haberá segunda volta
Nas primarias da cidade herculina José Manuel García e Inés Rey foron os máis votadas e terán que disputar unha segunda volta o vindeiro domingo, ao non chegar ao 50%. En cambio, José Ángel Vázquez Barquero e Ángel Mato impuxéronse con claridade aos seus rivais en Ourense e Ferrol.
A térmica de carbón de Meirama vai pechar en 2020?
Xosé Veiras escribe no blog Un Claro no Bosque que "hai boas razóns para que a central térmica de carbón de Meirama peche en 2020, mais polo de agora non hai ningunha decisión a ese respecto. A pesar do que titulan hoxe varios medios galegos"
O Foro do Camiño Primitivo denuncia o abandono e as obras agresivas da Xunta nesta vía xacobea
Alerta de que a pavimentación levada a cabo en varios treitos deste camiño histórico na Fonsagrada supón unha "alteración irreparable". Critica a "falsificación" do percorrido tradicional, a desviación deste a estradas destinadas ao tránsito rodado e o deterioro do conxunto monumental asociado ao Camiño.
'A derradeira leición do mestre' poderá verse tamén en Ourense
O cadro de Castelao, que permanecerá exposto en Compostela ata o vindeiro 3 de marzo, viaxará despois á cidade das Burgas, segundo anunciou a Deputación Provincial. Manuel Baltar visitou o Centro Galicia, acordando a cesión da obra, que alongará a súa estadía en Galicia antes de regresar a Arxentina.
A Xustiza obriga a Abanca a devolver os cartos cobrados de máis a milleiros de clientes con cláusulas chan
O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña estimou a demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA), que cualifica de "histórico" o ditame, que podería beneficiar a máis de 70.000 persoas en Galicia
Os Premios Manuel Beiras convidan a dicir con orgullo que "traballamos en galego"
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago convocan a XIX edición dos galardóns, que volverán recoñecer as empresas que empregan a lingua galega. Lanzan ademais a web traballamosengalego.gal, que destaca todas as compañías gañadoras dende o ano 2000
Galicia celebra o 'Día do Patrimonio' con medio cento de actividades
Este venres 16 de novembro celébrase o Día do Patrimonio con ducias de eventos organizados por colectivos e institucións, dende roteiros, concursos, exposicións ou xornadas de divulgación e debate.
E agora, que? Os pasos claves tras o acordo do Reino Unido e a UE para o Brexit
O Goberno de May ten por diante unha votación crucial no Parlamento que, de perdela, podería tombala e precipitar unhas eleccións. Polo momento, xa se rexistraron tres dimisións. O asunto que maís custou desbloquear no documento aprobado, de 585 páxinas, foi a fronteira entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte
O Goberno central pide "ideas" a Galicia e Asturias para as futuras axudas a empresas como Alcoa
O secretario de Estado de Enerxía fai a proposta á Xunta e ao Principado no marco da elaboración do Estatuto das Empresas Electrointensivas que prevé a futura Lei de Cambio Climático. O Ministerio de Traballo denuncia a "extrema celeridade" da empresa co ERE
O Estado confirma que Alcoa amplía o prazo do ERE e que acepta negociar a venda das plantas
A ministra Reyes Maroto cre que a situación é "mellor que hai unha semana", asegura que hai varias ofertas polas factorías ameazadas de venda e confía en que "van chegar moitas máis".