- Obituario
- Cultura
Morre Santos Juliá, historiador clave da Transición e a Guerra Civil
Nacido en Ferrol, é autor de obras fundamentais no estudo da historia do Século XX en España. Finou este mércores en Madrid aos 79 anos de idade
Pontevedra fixa os 10 km/h como velocidade máxima nas rúas de plataforma única no centro histórico
A medida ponse en marcha este mércores e afecta a todas as rúas de rodean a améndoa da cidade e que teñen un uso compartido de peóns e tráfico rodado. O Concello valora estendela a outras vías da zona urbana, co obxectivo de aumentar a sensación de seguridade
A USC suspende cautelarmente a Luciano Méndez tras unha nova denuncia dunha alumna
Ao igual que xa sucedera en 2016, o profesor dirixiuse en repetidas ocasións a unha alumna de primeiro curso referíndose ao seu escote. Foi denunciado e a Universidade estuda a apertura dun expediente sancionador, esixido polo alumnado en repetidas ocasións nos últimos anos.
Nace S.E.X., unha webserie adolescente para asesorar en materia de sexualidade
O obxectivo desta iniciativa promovida por Illa Bufarda e ASEIA é introducir a perspectiva feminista na educación sexual, así como a prevención ante condutas de risco ou a promoción do respecto cara á diferenza. Contará tamén cunha consultoría online e encontros nos institutos.
Ribadeo comeza a cortar os eucaliptos dos propietarios que se negaron a respectar as faixas de protección
O anuncio do inicio dos traballos levou a cumprir a lei a unha parte dos 150 veciños que aínda non o fixeran, pero no resto de parcelas o Concello encargou a actuación a unha empresa de xestión forestal. Se os propietarios se negan a pagar, a venda da madeira cortada servirá para aboar a factura
Pedro Sánchez visita en Barcelona a policías feridos e evita a xuntanza que reclama Torra
O presidente do Goberno central en funcións abandonou Barcelona sen manter contacto con ningunha autoridade catalá, mentres Torra respondía á súa carta pedíndolle falar e lembrándolle que o chamou "dúas veces e non non quixo contestar"
O TSXG suspende o acordo da Xunta que permitiu un parque eólico nun espazo protexido da Serra do Oribio
A plataforma Salvemos O Iribio destaca que esta medida cautelar pode supor "o primeiro paso cara a anulación total do proxecto", xa que "de ter que sometelo a unha nova avaliación de impacto ambiental, o máis probable é que non dea superado a tramitación".
A Xunta presenta os seus Orzamentos, nos que o pago da débeda segue a absorber máis do 14% do total
Sanidade, Educación e Acción social son as partidas que máis medran en termos absolutos. Crecen os fondos para Cooperación e Normalización Lingüística, pero están aínda un 43% e un 61% por debaixo dos que había hai 11 anos. Descenden os cartos dedicados a pagar a débeda, pero a súa contía segue a ser un 318% superior á do ano 2009.
Galicia mantense entre os territorios con maior mobilización social, con máis de 3.500 manifestacións anuais
Galicia só aparece por detrás de Andalucía (con moita máis poboación) e con cifras semellantes ás de Madrid ou Valencia (tamén con moitos máis habitantes). Os temas laborais e as marchas impulsadas polos sindicatos foron as máis habituais no ano 2018. As sanitarias mantéñense en niveis máximos e aumentaron as feministas e ecoloxistas
Marcha por un monte con futuro: a prol da xestión veciñal e multifuncional e contra o monocultivo do eucalipto
A defensa do monte veciñal e da súa xestión multifuncional, o freo do monocultivo de eucalipto e a loita por un medio rural vivo centrarán as reivindicacións da manifestación convocada para este domingo 20 en Compostela por unha vintena de entidades
As marchas contra a sentenza do procés conflúen nunha mobilización masiva en Barcelona
As 'Marchas pola liberdade' chegan á capital catalá e ateigan a manifestación central da xornada, na que participa máis de medio millón de persoas, segundo a Garda Urbana. Os incidentes e as cargas policiais volven a outros puntos da cidade, alleos á gran marcha
Día clave nas protestas contra a sentenza do procés coa fin das 'Marchas pola liberdade' e a folga
As marchas da ANC e Òmnium conflúen en Barcelona nesta xornada de folga xeral e participarán nunha manifestación que se espera que teña a concorrencia das Diadas máis importantes