Concienciadas: como funcionan as vacinas?
Na terceira entrega de Concienciadas, Iria Veiga e Javier Balea explícannos como as vacinas axudan o noso organismo a protexerse dos microorganismos que o poidan atacar e a súa importancia para a saúde individual, pero tamén para protexer a sociedade no seu conxunto, especialmente aos seus membros máis vulnerables
Ferrol maniféstase contra a "represión sindical" ás portas do xuízo contra López Pintos
O ex-secretario comarcal da CIG sufriu feridas nunha dura carga policial en 2012 contra unha protesta dos traballadores de Navantia. Porén, foi acusado de agredir a un axente. CIG, CC.OO., UGT e CGT convocan unha mobilización apoiada por 35 comités de empresa
Un tren turístico, o servizo que máis aumentou en Galicia nos últimos anos, ao rescate do avellentado tren convencional
Tras unha nova avaría nun convoi convencional, desta volta na liña vella Ourense-Santiago, a operadora tivo que recorrer a un tren paisaxístico, pero a súa reducida capacidade provocou unha revolta no Carballiño
Instagram levanta o veto ás imaxes do cocido galego que eliminara
Unha semana despois da eliminación das imaxes por incorrer en "violencia gráfica" a compañía permite a súa publicación e alega que se produciu un "erro técnico". Ademais, a responsable de Facebook en España desculpouse por teléfono con José Crespo, alcalde de Lalín
A Xunta evita referirse ás "contas trucadas" de Endesa e volve acusar o Goberno central do peche nas Pontes
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, considera "irresponsable" que o Executivo de Sánchez busque trasladar "as culpas aos demais" logo da denuncia da ministra Ribera, que acusou a Xunta e Endesa de "negación da realidade"
Macri, o aliado do PP en Arxentina, perde o poder nunhas eleccións marcadas pola crise do país
O kirchnerista Alberto Fernández gañou as eleccións celebradas este domingo, superando a Cambiemos por oito puntos (48% a 40%). En Uruguai o esquerdista Frente Amplio obtivo unha vitoria insuficiente na primeira volta e o dereitista Lacalle Pou é favorito para acceder á Presidencia.
En Común ve "en marcha o pacto entre PP e PSOE" e pide apoio para lograr "un goberno de esquerdas"
Yolanda Díaz e Gómez-Reino afirman que Sánchez xa non é o das primarias", senón que "é o que enviou a Bruxelas a mochila austríaca"
Feijóo secunda a concentración pola unidade de España convocada por Francisco Vázquez
O ex-alcalde coruñés alertou contra os que "queren romper España" e axitando unha bandeira española, pediu defender esta enseña como "a nai de todas as bandeiras", na que "está a nosa honra" e "a honra dos nosos antepasados"
Cineuropa 33: nova "perspectiva" e ollada feminina
A mudanza na dirección marca a trixésimo terceira edición de Cineuropa; a nova responsable avanza filmes "de alta calidade" e "combativos" cun 40% de películas dirixidas por mulleres nas seccións oficiais
Regreso ao cuarto de García Lorca en Lugo polo día do poeta en Galicia
O hotel lucense no que García Lorca se hospedou en dúas ocasións acolle a homenaxe ao poeta nun novo Día de Lorca en Galicia. Foi en Lugo, lembran dende Alvarellos Editora, onde o autor andaluz "deixou manuscrito o primeiro dos seus poemas galegos"
A organización dunha festa de Samaín na illa de San Simón indigna as asociacións de memoria histórica
Unha navieira ofrece unha celebración na véspera de Defuntos no espazo que foi campo de prisioneiros franquista. A Iniciativa Galega pola Memoria e a Deputación de Pontevedra piden á Xunta que revogue a autorización.
Galicia creou no verán 6.900 empregos, tres veces menos que hai un ano
A EPA confirma o freo á creación de emprego en Galicia, cun incremento no número de persoas ocupadas moito menor ao do terceiro trimestre de 2018 e o incremento do paro