A quinta edición de 'En negro contra as violencias machistas' pon o foco na educación
A asociación empresarial do Tambre acolleu a presentación das "vacinas contra as violencias machistas", un dos novos materiais da iniciativa. O Concello de Lugo organiza o día 22 o acto oficial de adhesión de municipios e deputacións á campaña, da que un ano máis se desmarca a Xunta
Fin de semana de premios para o cine galego: de 'O que arde' a 'Longa Noite' ou 'Arima'
O Festival Internacional de Cine de Mar del Plata e os festivais de Sevilla e Bilbao suman recoñecementos a filmes galegos, desta volta para traballos de Oliver Laxe, Eloy Enciso, Jaione Camborda e Camila Kater
Burela: outra vez eleccións
Nunha das mesas electorais da localidade repítense este domingo os comicios municipais do pasado mes de maio, despois de que en xuño o TSXG invalidara o escrutinio realizado no seu momento. Non está en risco a vitoria do PSdeG-PSOE, pero a candidatura de Burela Sempre podería obter un edil en prexuízo de BNG ou PP.
O PP bloquea no Parlamento a regularización da profesión de Educación Social
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia denuncia que o veto prexudica os intereses laborais dos e das traballadoras e tamén "algo moito máis importante", a calidade dos servizos públicos socioeducativos
- Obituario
- Cultura
Morre o xornalista e escritor Pablo L. Orosa aos 34 anos
O autor da novela 'Fálame do silencio' (Xerais) regresara hai días dunha viaxe a Mozambique e comezara a sentirse mal. Traballara como reporteiro 'freelance' cubrindo numerosos conflitos internacionais, en Asia, África ou América.
Un Día do Patrimonio para gozar dos nosos tesouros materiais e inmateriais
30 entidades da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia organizan un total de 40 accións nunha gran xornada de reivindicación da importancia do noso patrimonio. Destaca a intensa actividade que a Asociación Ponte…nas Ondas! vai levar a cabo ao redor desta data
Investigadores da USC confirman a relación entre a actividade continuada de bricolaxe e o cancro de pulmón
O estudo conclúe que as persoas que levaron a cabo estas tarefas durante máis de dez anos teñen o dobre de risco de padecer esta enfermidade, sexan fumadores ou non. Recomendan traballar en lugares con boa ventilación e empregando medidas de protección.
Situación límite no estaleiro Barreras: dúas semanas para evitar o concurso
A Xunta únese á presión aos accionistas e sinala a Pemex na busca de solucións que eviten a situacion concursal, que pasan pola ampliación de capital e a entrada de investidores e as auxiliares na empresa.
Quedamos de tapas? Compostela ofrece dende este xoves os seus mellores petiscos
Comeza a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel, nos que participan 77 locais de toda a cidade. Ata o 1 de decembro pódense probar 109 tapas, dende as máis tradicionais ata as máis creativas
As familias de Alexandre Bóveda e Amancio Caamaño únense á querela arxentina contra os crimes do Franquismo
O anuncio será realizado este sábado por descendentes de ambos os dous políticos asasinados en 1936. Destacan o apoio emprestado pola Deputación de Pontevedra, que facilitou que se adherisen á vía xudicial.
Dúas reportaxes publicadas en Praza.gal, distinguidas cos premios Comunicar en Igualdade
O estudo As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións, elaborado polo grupo As Mulleres na Opinión do colectivo Xornalistas Galegas, e o traballo de Montse Dopico sobre o poemario No camiño do vento, de Sesé Mateo, levaron o primeiro e o terceiro premio dos galardóns Comunicar en Igualdade
Feijóo responde ao pacto de PSOE e Unidas Podemos clamando por unha gran coalición
O presidente da Xunta fai un "chamamento" a Sánchez para que "pense moi ben o que está facendo" e volve pedir un acordo entre PP e socialistas. O BNG, disposto a apoiar o acordo se "hai un compromiso de axenda galega".