Outro 25N de lila e negro en Galicia contra todas as violencias machistas
Unha trintena de localidades galegas acolleron mobilizacións contra a violencia machista, secundadas por milleiros de persoas, tras unha xornada de actos contra as agresións de xénero por todo o país
15 anos da Declaración de Compostela que axudou a avanzar cara a un xornalismo menos machista
O Colexio de Xornalistas fai balance da aplicación deste documento, redactado en outubro de 2004. Destaca os "pasos adiante" e o "maior compromiso" das redaccións, pero alerta dunha "perigosa tendencia á espectacularización destas informacións".
As mobilizacións feministas do 25N poñen o foco na "violencia xudicial"
O movemento feminista galego convoca esta tarde unha trintena de concentracións nas cidades e vilas máis importantes do país para denunciar a violencia machista. Saliéntanse os "avances" que se están a producir, pero reclámase afondar na aplicación das medidas aprobadas
Eu son… Mulleres da sombra á luz, tamén contra a violencia machista
Un novo proxecto de educación en igualdade do IES de Arzúa aposta por facer visibles algunhas mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e momentos hitóricos" sen "obteren o mesmo recoñecemento ou teren as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns"
Ritz-Carlton controlará o estaleiro Barreras logo dun pacto con Pemex e Albacora
O grupo estadounidense farase co control do estaleiro vigués e asumirá os sobrecustos do primeiro dos cruceiros encargados.
O forte temporal fai encallar un quimiqueiro na costa de Ares
O buque Blue Star, sen carga, permanece embarrancado logo de fracasar o primeiro intento de remolque, que se repetirá na madrugada do sábado ao domingo. Non hai danos persoais nin medioambientais.
"Despois dunha ducia de anos, Santiago(é)Tapas xa é unha tradición de Compostela"
Desde o 14 de novembro e ata o vindeiro 1 de decembro desenvólvese a XII edición do Santiago(é)Tapas. Falamos con Lois Lopes, membro da directiva da Asociación Hostalería Santiago, organizadora do evento.
Profesorado do ensino público, na rúa tras unha década de recortes: "A folga é a única saída"
"Reivindicamos unha negociación inmediata da recuperación do horario lectivo que foi recortado nos gobernos de Feijóo e Rajoy nos anos 2011 e 2012", subliñan todas as centrais do ensino ás portas da folga
10 salas e cineclubs galegos únense nunha proxección conxunta de curtas contra a violencia machista
As curtametraxes '16 de decembro' (Álvaro Gago) e 'Suc de síndria' (Irene Moray), que tratan distintos aspectos da violencia contra a muller, poderán verse o 25 de novembro e nos días previos
Unha xornada sobre o franquismo leva á Eurocámara "a realidade da represión e o espolio"
O Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo organiza este 20 de novembro en Bruxelas un acto con testemuños de investigadores e vítimas galegas da ditadura.
Galicia mobilízase contra o golpe de estado en Bolivia
Este xoves están convocadas concentracións nas sete cidades e, ademais, vén de difundirse un manifesto asinado por un cento de activistas, intelectuais e profesionais galegos e galegas que que lle pide á comunidade internacional "que actúe de contado e deteña esta barbarie"
'O que arde' convértese no filme en galego máis visto en salas, superando a 'Sempre Xonxa'
Na súa sexta semana de exhibición o filme dirixido por Oliver Laxe supera os 62.500 espectadores. Vén de obter catro premios no Festival de Mar del Plata, en Arxentina.