O 'apoderamento' feminino entra no dicionario da RAG
A academia incorpora ao termo a acepción "proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais" e pon como exemplo "apoderamento feminino"
O falecido Xabier P. Docampo, entre os galardoados cos Premios da Crítica 2018
Os recoñecementos foron anunciados este sábado no tradicional xantar anual celebrado en Vigo, no que tamén foron premiadas Mercedes Peón, Ana Romaní, José Luis Mascareñas, Álvaro Gago, Javier Alonso de la Peña, a Mostra de Teatro de Cangas e a Federación de Razas Autóctonas
CUAC FM volve ás ondas un ano e un mes despois tras vencer á Xunta nos tribunais
O dial 103.4 da FM volveu a emitir son na Coruña ás 13:34 horas deste sábado 3 de novembro tras constatar o TSXG que o Goberno galego vulnerara o “dereito fundamental” de liberdade de expresión
Os independentistas cataláns séntense enganados e ven aínda máis difícil aprobar os orzamentos do Estado
PDeCAT, ata o de agora máis favorable a negociar as contas, endurece a súa postura e négase a debatelas mentres ERC cualifica de “insulto” a acusación da Avogacía do Estado de sedición e malversación
O persoal de Alcoa pide cautela sobre "rumores" de venda e lembra que o Estado pode intervir empresas
O comité de empresa lembra que a Constitución faculta o Goberno para a intervención de compañías se o esixe o interese xeral e para "salvagardar un sector estratéxico". "Polo momento, as presuntas ofertas son palabras e hipóteses", lembra.
"Falta vontade": A Limia non se resigna e volve mobilizarse contra a contaminación por xurros
GALERÍA DE IMAXES | Unha xornada de debate e denuncia sobre a situación organizada polo Movemento Ecoloxista da Limia volve evidenciar a proliferación de verteduras por toda a comarca
Os líderes de BNG e Anova visitarán na cadea a Junqueras para mostrarlle o seu "apoio"
Ana Pontón visitará o líder de ERC este luns 5 de novembro; Beiras e Antón Sánchez acudirán á prisión de Lledoners o 10 de decembro e estarán tamén con Raül Romeva. Ambas formacións denuncian "a incapacidade do Goberno central para buscar e acordar solucións políticas".
Outro venres negro nunha CRTVG que asume que os informativos "será o único" que lle quede
Persoal da CRTVG denuncia a "morte do servizo público" na 24ª xornada de mobilización poucas horas despois de que o director xeral da Corporación asegurase no Parlamento que a información será "o último que lles quede" aos medios públicos.
A Fiscalía pide seis anos aos acusados de estafar milleiros de agricultores galegos
Varias empresas organizaron no Bierzo cursos para obter carnés de manipulador de fitosanitarios que só precisaban os profesionais e polos que cobraban 150 euros. Uns 7.000 labregos galegos, asturianos e becianos foron estafados segundo a investigación.
O festival Titiriberia revisa este ano o rol feminino nos monicreques
O certame relfexionará sobre os papeis femininos no ámbito escénico do títere de cachaporra, abrindo vías de actualización en clave de xénero. Ofrecerá unha ducia de funcións do 4 ao 11 de novembro.
Cineuropa presenta unha programación de 'escándalo'
No programa da 32ª edición destaca a aposta por películas que no seu momento supuxeron unha transgresión aos valores da moral ultraconservadora. Do 7 ao 28 de novembro proxectaranse en Compostela ao redor de 300 filmes. Isaki Lacuesta, Ángela Molina e Antonio Durán “Morris” recibirán os Premios Cineuropa 2018
A Audiencia Nacional envía por cuarta vez a cúpula de Caixanova ao banco dos acusados
Propón xulgar a Gayoso, Gorriarán ou Rodríguez Estrada por outra operación inmobiliaria que provocou un prexuízo de 43 millóns á entidade financeira. As operacións polas que serán procesados os antigos dirixentes supuxeron un burato de máis de 160 millóns á caixa.