'The Waylanders' recada 45.000 dólares en 5 días para desenvolver o videoxogo ambientado na Galicia celta e medieval
A produción do estudio coruñes Gato Salvaje verá a luz na primavera do ano 2020. Busca acadar un mínimo de 150.000 dólares de financiamento colectivo en Kickstarter
"Seguimento total" na primeira folga xeral na industria de produtos do mar
Os sindicatos falan dunha participación do 100% nas grandes empresas e denuncian os baixos salarios e a precariedade existente nestas compañías, con salarios base de 862 euros ao mes. 7000 persoas, o 80% mulleres, traballan neste sector en Galicia, que suma tres de cada catro empregos no Estado. O paro repetirase este mércores 24 e o xoves 25
O persoal de Alcoa agradece "o enorme apoio" cidadán e político contra o peche: "Seguiremos e gañaremos"
"Se o apoio puidese transformarse en enerxía eléctrica resolvería o noso problema para sempre", di o comité de empresa, agradecido polo "agarimo" recibido mentres agarda polos contactos do Goberno de España coa empresa
O Resurrection Fest retira do seu cartel o grupo dun condenado por tentar matar a súa muller
"Cremos na reinserción e no dereito das persoas a rehabilitárense tras cumprir unha condena", se ben "diante da división xurdida e co fin de manter o ambiente de concordia, decidimos non incluír a banda no cartel desta edición", din dende o Resurrection Fest
O Supremo sume na incerteza a ducias de miles de persoas ao frear a nova doutrina sobre os impostos das hipotecas
O alto tribunal español xustifica coa "enorme repercusión económica e social" que traería consigo este "xiro radical" na doutrina sobre as hipotecas para frear a súa aplicación. Fontes xurídicas subliñan que o acontecido é totalmente inusual
Portugal lanza fronte a Viana, a 30 quilómetros de Galicia, o “maior parque eólico flotante do mundo”
As tres turbinas estarán ancoradas ao fondo mariño, a unha profundidade duns cen metros, e requirirán dun investimento duns 125 millóns de euros, a metade comprometidos este mesmo venres en Lisboa polo Banco Europeo de Investimentos
"Somos competitivos, somos unha planta eficiente. Se hai vontade política, hai solución para Alcoa"
Representantes do Comité de Empresa de Alcoa reuníronse co presidente da Xunta e co delegado do Goberno central, que lles expresaron o seu apoio pero discreparon nas razóns do peche da planta. O pleno municipal da Coruña aprobou por unanimidade unha moción que insta a todas as administracións a traballar unidas para manter a actividade da factoría. Este sábado ás 11 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade
As salinas romanas da Guarda formaban parte dunha ampla rede de factorías en Galicia e Portugal
Os traballos arqueolóxicos nos lugares do Seixal e de Camposancos relacionan este xacemento con outros atopados en Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosinhos. Os materiais atopados son semellantes, ademais, aos que aparecen no castro da Trega, o que confirmaría a relación entre estes dous espazos.
Mobilización permanente na fábrica e manifestación este sábado contra o peche de Alcoa
O persoal da factoría coruñesa organízase en quendas nun campamento permanente ás portas da empresa para impedir a saída de metal en protesta polo anuncio de peche e do despedimento dos 369 traballadores.
O Estado aproba a rebaixa da tarifa eléctrica para a industria vasca tras o visto e prace de Bruxelas
O Goberno central aplica unha mudanza tarifaria que supón unha rebaixa global duns 50 millóns de euros para un milleiro de empresas de Euskadi
Carta á directora do CEIP San Marcos de Cartelle
Praza Pública
Dez anos despois do inicio da crise a pobreza afecta ao 22% da poboación galega
Este mércores 17 celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. EAPN presenta o VIII Informe sobre O Estado da Pobreza, que alerta de que "a saída da crise non está chegando a todos por igual" e destaca o incremento da pobreza entre as mulleres e o aumento das situacións de pobreza severa