Os pasaxeiros deberán realizar parte dos seus percorridos que pasan por Ourense en autobús ante a imposibilidade de que varios convois circulen por esa estación
As obras de adaptación da estación de ferrocarril de Ourense para a chegada do AVE o próximo ano afectarán entre o venres e o martes a un total de 43 trens de todo tipo. Os pasaxeiros deberán realizar parte dos seus percorridos que pasan por Ourense en autobús ante imposibilidade de que varios convois circulen por esa estación polos traballos de reforma tanto das vías como dos apeadeiros, para o que Renfe habilitou un dispositivo especial.
Segundo informa Adif, os trens afectados serán os seguintes, concentrados a primeiras horas da mañá e últimas da tarde, para estender no posible uns traballos con afección ao tráfico ferroviario que se están a concentrar durante as noites:
Venres 04/10/19
• Tren Intercity con saída de Bilbao ás 9.42 horas e chegada a Vigo ás 21.04 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Vigo.
Sábado 05/10/19
• Tren Intercity con saída de Vigo ás 9.16 horas e chegada a Bilbao ás 20.32 horas: transbordo por estrada entre Vigo e Ourense.
• Tren Intercity con saída de Bilbao ás 9.42 horas e chegada a Vigo ás 21.04 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Vigo.
Domingo 06/10/19
• Tren Intercity con saída de Vigo ás 9.16 horas e chegada a Bilbao ás 20.32 horas: transbordo por estrada entre Vigo e Ourense.
• Tren Intercity con saída de Bilbao ás 9.42 horas e chegada a Vigo ás 21.04 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Vigo.
• Tren Hotel con saída de Barcelona ás 20.20 horas e chegada a Vigo ás 11.41 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Vigo.
• Tren Hotel con saída de Madrid- Chamartín ás 22.14 horas e chegada a Pontevedra ás 09.33 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Pontevedra.
Luns 07/10/19
• Tren Intercity con saída de Vigo ás 9.16 horas e chegada a Bilbao ás 20.32 horas: transbordo por estrada entre Vigo e Ourense.
• Tren Intercity con saída de Bilbao ás 9.42 horas e chegada a Vigo ás 21.04 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Vigo.
• Tren Hotel con saída de Madrid- Chamartín ás 22.14 horas e chegada a Pontevedra ás 09.33 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Pontevedra.
• Tren Hotel con saída de Pontevedra ás 21.28 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 09.31 horas: transbordo por estrada entre Pontevedra e Monforte de Lemos.
• Tren Hotel con saída de Vigo ás 17.55 horas e chegada a Barcelona ás 08.49 horas: transbordo por estrada entre Vigo e Monforte de Lemos.
• Tren Alvia con saída de Barcelona ás 9.30 horas e chegada á estación da Coruña ás 22.30 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e a estación da Coruña.
• Tren Alvia con saída de Madrid- Chamartín ás 07.15 horas e chegada a Pontevedra ás 14.05 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Pontevedra.
• Tren Alvia con saída de Pontevedra ás 15.38 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 22.45 horas: transbordo por estrada entre Pontevedra e Ourense.
• Tren Alvia con saída de Madrid- Chamartín ás 14.57 horas e chegada a Ferrol ás 22.20 horas: transbordo por estrada entre a estación da Coruña e Ferrol.
• Tren Alvia con saída de Madrid- Chamartín ás 16.35 horas e chegada a Pontevedra ás 23.13 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Pontevedra.
• Tren Alvia con saída de Madrid- Chamartín ás 18.50 horas e chegada a Santiago de Compostela ás 00.05 horas: transbordo por estrada entre a estación da Gudiña e Santiago de Compostela.
• Tren de Media Distancia con saída da estación da Coruña ás 6.38 horas e chegada a Ourense ás 10.20 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Ourense.
• Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 12.03 horas e chegada a Lugo ás 13.38 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Monforte de Lemos.
• Tren Rexional con saída de Ponferrada ás 09.10 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 14.12 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Barbantes.
• Tren Rexional con saída de Ourense ás 13.30 horas e chegada a Santiago de Compostela ás 15.10 horas: transbordo entre Ourense e O Carballiño
• Tren Rexional con saída de Ourense ás 14.36 horas e chegada ao Carballiño ás 15.01 horas: realízase na súa totalidade por estrada.
• Tren Rexional con saída O Carballiño ás 15.10 horas e chegada a Ourense ás 15.37 horas: realízase na súa totalidade por estrada.
• Tren Rexional con saída Vigo-Guixar ás 14.35 horas e chegada a Ponferrada ás 19.41 horas: transbordo por estrada entre Barbantes e Monforte de Lemos.
• Tren de Media Distancia con saída Lugo ás 16.00 horas e chegada a Ourense ás 17.35 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Ourense.
• Tren Rexional con saída Santiago de Compostela ás 17.25 horas e chegada a Ourense ás 19.06 horas: transbordo por estrada entre O Carballiño e Ourense.
• Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19.50 horas e chegada á estación da Coruña ás 23.15 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Monforte de Lemos.
• Tren Rexional con saída de Ourense ás 19.55 horas e chegada ao Carballiño ás 20.21 horas: realízase na súa totalidade por estrada.
• Tren Rexional con saída de Ponferrada ás 18.34 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 23.09 horas: transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Barbantes.
• Tren Rexional con saída de Ourense ás 21.28 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 23.06 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Barbantes.
Martes 08/10/19
• Tren Intercity con saída de Vigo ás 9.16 horas e chegada a Bilbao ás 20.32 horas: transbordo por estrada entre Vigo e Ourense.
• Tren Hotel con saída de Pontevedra ás 21.28 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 09.31 horas: transbordo por estrada entre Pontevedra e Monforte de Lemos.
• Tren Alvia con saída da Coruña ás 8.05 horas e chegada a Barcelona ás 21.25 horas: transbordo por estrada entre a estación da Coruña e Monforte de Lemos.
• Tren Alvia con saída de Santiago de Compostela ás 5.48 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 11.06 horas: transbordo por estrada entre Santiago de Compostela e a estación da Gudiña.
• Tren Alvia con saída de Ferrol ás 5.55 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 13.12 horas: transbordo por estrada entre Ferrol e a estación da Gudiña.
• Tren Alvia con saída de Pontevedra ás 08.18 horas e chegada a Madrid- Chamartín ás 15.06 horas: transbordo por estrada entre Pontevedra e Ourense.
• Tren Avant con saída de Ourense ás 06.45 horas e chegada á estación da Coruña ás 07.53 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Santiago de Compostela.
• Tren Avant con saída da Coruña ás 06.30 horas e chegada a Ourense ás 07.38 horas: transbordo por estrada Santiago de Compostela e Ourense.
• Tren Rexional con saída do Carballiño ás 07.48 horas e chegada a Ourense ás 8.12 horas: realízase na súa totalidade por estrada.
• Tren Avant con saída de Ourense ás 07.55 horas e chegada á estación da Coruña ás 09.03 horas: transbordo por estrada entre Ourense e Santiago de Compostela.
• Tren Rexional con saída Vigo-Guixar ás 07.05 horas e chegada a Ponferrada ás 11.41 horas: transbordo por estrada entre Barbantes e Monforte de Lemos.
• Tren Rexional con saída Vigo-Guixar ás 07.45 horas e chegada a Ourense ás 09.11 horas: transbordo por estrada entre Barbantes e Monforte de Lemos.