Porlier volve alzarse este sábado contra o absolutismo en Arteixo
Un espectáculo musical e teatral baseado no histórico alzamento liberal do mariscal estréase este sábado en Pastoriza (Arteixo), desde onde iniciou o pronunciamento en defensa da Constitución de 1812 e contra o absolutismo de Fernando VII.
O BOE fai público o patrimonio persoal de 1.500 cargos políticos nomeados desde 2014
O documento recolle as declaracións de bens de altos cargos dos gobernos de Rajoy e Sánchez. Reflíctense a suma dos bens, os cartos depositados en contas correntes ou as súas accións en empresas e fondos, pero non se debulla o número de bens nin o nome das empresas participadas.
Lugo Sen Mordazas: "A proposta de ordenanza é produto dunha visión da sociedade profundamente clasista"
ENTREVISTA | Este mércores unha gran manifestación percorreu as rúas en Lugo en protesta contra a proposta de ordenanza cívica realizada polo Goberno municipal ca cidade. Falamos con Alejandro, da Plataforma Lugo Sen Mordazas
Povisa solicita preconcurso de acredores para forzar o Sergas a mellorar o concerto asinado hai catro anos
O hospital vigués, de referencia para preto de 140.000 persoas da área, esgrime perdas de 42 millóns que atribúe a "interpretacións lesivas" por parte da Xunta do acordo asinado en 2014 e que aínda estaba á metade da súa duración de oito anos
A mobilización das familias do IES de Brión recupera o curso de reforzo na ESO
A Xunta impón como condición para achegar un complemento de profesorado a volta á clase do alumnado. A ANPA mantén as protestas e manifestouse tras este "primeiro chanzo" aínda insuficiente: mantense a "masificación" en 4º e a imposibilidade de impartir todas as optativas
Curtocircuito comeza este sábado cun 40% de directoras nos seus 200 filmes
O festival compostelán celebra o seu 15 aniversario, con varias seccións dedicadas ao máis novo cinema galego e a novidade das Mesas Interxeracionais do Audiovisual Galego, nas que se debaterá sobre o presente e o futuro do sector. Velaquí as nosas recomendacións.
A CRTVG presume de independencia informativa nun venres negro que reivindica o 'Diario Cultural'
O director xeral, Sánchez Izquierdo, asegura que Feijóo non lle ten "dito nunca nada" sobre o tratamento das informacións e que "nunca llo aceptaría" e négase a darlle detalles á oposición sobre o expediente aberto a Beatriz Moyano. O persoal mobilizado protesta por 19ª semana consecutiva.
Ordes erguerá espigas de millo este domingo por un rural vivo e digno na comarca
Varios colectivos organizan unha marcha "contra a rapiña depredadora empresarial" que "pon en perigo o futuro ambiental, social, sanitario e económico" da comarca e da súa economía. Denuncian as fortes agresións de polémicos proxectos eólicos, mineiros ou de residuos na zona.
Mato e Rey Varela abandonan Política Social sen aprobar o decreto da RISGA, que acumula un atraso de 4 anos
A norma que desenvolve a Lei de Inclusión Social de 2013 tiña que estar en vigor xa no primeiro semestre de 2014 e só nos últimos meses avanzou cara á súa aprobación
Nace Kalandraka TV, unha "fiestra aberta" ao libro infantil e xuvenil
No seu vixésimo aniversario Kalandraka medra tamén no audiovisual e no dixital para, dende estas linguaxes e soportes, atraer a rapazada cara ás aventuras e personaxes dos seus libros
"Parece que os videoxogos son cousa duns frikis, pero esta industria move máis cartos que o cine"
ENTREVISTA | Vén de lanzarse Morcego, a primeira revista en galego sobre videoxogos. Falamos co seu director, Carlos Pereiro.
En Marea condiciona o apoio aos Orzamentos do Estado a que se cumpra cunha "axenda galega"
A formación reúnese este vindeiro martes coa ministra Batet para iniciar unha "negociación bilateral" co Executivo central e advirte de que os votos dos seus cinco representantes son "autónomos". Pon enriba da mesa a tranferencia da AP-9 ou a condonación da débeda do Porto da Coruña.