Dimite o secretario provincial do PSdeG en Lugo pola "confrontación" coa dirección nacional do partido
"Con absoluta claridade, non hai unha boa relación coa Executiva Nacional", admite Santos, coa elección da nova representación do PSdeG na Deputación como pano de fondo. "Non nos imos despistar do ben que imos con debates estériles", di Gonzalo Caballero, que se remite aos órganos internos do partido para dirimir a candidatura á presidencia da Deputación lucense
O Tribunal de Cuentas pide á Xunta que controle mellor as pensións despois de que en 2016 seguise pagando a 208 falecidos
O galego é dos gobernos que maior porcentaxe de pensións non contributivas revisa, o 98% das 42.000 que se perciben, pero o ente fiscalizador recomenda igualmente que mellore o seguimento dos pasamentos
Outra marcha clama pola saída de ENCE, agora pendente dos tribunais sen defensa do Estado
Dende que o Estado deixou de defender nos tribunais a prórroga de ENCE outorgada polo Goberno de Rajoy os movementos contrarios á pasteira reclaman a aplicación inmediata do novo criterio. A mobilización volveu ser 'recibida' na factoría con pancartas a prol da permanencia na ría
- Política Ao vivo
Os concellos elixidos o 26M botan a andar entre pactos de todo signo
Este sábado constitúense 311 dos 313 concellos galegos elixidos nas eleccións municipais do 26M, todos agás Monterroso e Burela, pendentes de recursos electorais. Os acordos de PSdeG e BNG en varias cidades e o explosivo pacto do PP con Democracia Ourensana marcan unha xornada con pactos de todo signo. Seguímola ao vivo.
PSdeG e Marea Atlántica negociarán sobre o goberno da Coruña tras a investidura de Inés Rey como alcaldesa
Tras quedar a pelota no tellado dos socialistas, estes elaborarán un documento que integre as propostas de Marea Atlántica e BNG para a partir del decidir o tipo de goberno, asumindo que o tempo corre xa que sen a organización municipal non pode comezar o mandato municipal
Seis meses de cadea para os donos dunha panadería de Pontevedra que prohibían descansar ao persoal
A empresa só lles daba descanso en Nadal e Aninovo non pagaba as horas extra aos traballadores nin cotizaba por elas, acumulando unha débeda de 238.000 euros coa Seguridade Social
O futuro de Alcoa na Coruña pasa por Suíza
Segundo informa a representación do persoal, a oferta de compra formulada fondo de investimento suízo Parter Capital garantiría o mantemento do emprego na Coruña e Avilés
O Parlamento esixe a Abadín que elimine a barreira que impide entrar na súa casa a unha muller en cadeira de rodas
O obstáculo foi creado por unhas obras de asfaltado realizadas polo propio Concello, pero dende entón o Goberno local fixo oídos xordos ás reclamacións da muller, xubilada e cunha discapacidade do 84%. A Valedora esixiu hai uns meses que o alcalde da localidade atendese a súa demanda
A Fiscalía reafírmase en que o 'procés' foi unha "rebelión distinta", sen armas pero con "violencia"
A Fiscalía atribúe como violencia promovida polos líderes independentistas protestas na rúa, concentracións nos colexios e manifestacións fronte a cuarteis e comisarías, asume a tese do "golpe de Estado" e equipara o acontecido en Catalunya co 23-F
Competencia sanciona 34 editoriais de libros de texto, entre elas as galegas Xerais, Obradoiro e Xerme
Segundo o regulador, coordinaron “políticas e condicións comerciais” cunha comisión de supervisión que “controlaba as desviacións con medidas de presión e ameazas de denuncia a quen non formaron parte dos acordos”
Morre un traballador da factoría de Tableros Hispanos en Nadela afectado por un incendio na planta
O lume, que se iniciou o sábado, provocou feridas a outro operario, que permanece ingresado en estado grave. Os sindicatos reclaman medidas contra a sinistralidade laboral en Galicia, a máis alta do Estado, que o ano pasado provocou o falecemento de 56 traballadores e traballadoras no noso país.
- Política Ao vivo
O PSdeG, ás portas do goberno en ata seis cidades galegas
Este 26 de maio están en xogo 313 concellos e catro deputacións. Nos principais postos do poder local galego o panorama electoral é o máis aberto dos últimos tempos. A influencia das recentes eleccións xerais e a resistencia, medre ou caída das forzas triunfadoras en 2015 son algúns dos interrogantes a despexar co voto da veciñanza nunha noite na que tamén se dirime a composición da Eurocámara