O BNG, á mocidade: "Imos lanzadas, desta imos ter representación en Madrid"
Ana Pontón defende que Galicia só recuperará "voz propia en Madrid o 28 de abril" se o BNG obtén escanos porque "PP, PSOE e tamén Podemos e En Marea vetan continuamente propostas beneficiosas para Galiza"
O PSOE tamén pide mobilización en Galicia o 28A porque "non serve queixarse ao día seguinte se goberna a dereita"
"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido", advirte Gonzalo Caballero sobre o posible impacto do caso da Valedora nas eleccións xerais. "Tampouco Rajoy quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel", dille a Feijóo
O monte arrasado polo lume en Dodro e Rianxo, dende o aire
As imaxes captadas por Nós TV amosan as principais características da zona afectada polo incendio de Dodro e Rianxo, unha contorna con abondosas plantacións de eucalipto e numerosas áreas poboadas. Arderon máis de 1.000 hectáreas.
Acordo unánime no pleno da Deputación da Coruña para retirar distincións a franquistas
O pleno da Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vencelladas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. Como paso previo aprobouse a elaboración dun catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciará o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios
Tensión entre policía e persoal de Alcoa, que pide ante o Congreso solucións inmediatas
Un traballador da planta coruñesa foi detido, e xa liberado, tras os incidentes entre axentes, manifestantes e deputados galegos como Yolanda Díaz ou Gómez-Reino. A protesta presiona o Goberno central para que instaure unha tarifa eléctrica estable e mellore o estatuto electrointensivo.
Escritores e activistas autoincúlpanse dos delitos que lles imputan a Sànchez e Cuixart
Trinta persoas, entre elas os galegos Manuel Rivas, Suso de Toro e Xosé Manuel Pereiro, acordan nun manifesto "corresponsabilizarse dos feitos e imputacións que pesan" sobre os dous activistas cataláns xulgados, xunto a outras doce persoas, polo 'procés'.
En Marea e BNG alegan ao estatuto da industria electrointensiva pola "discriminación a Galicia"
En Marea pide unha convocatoria de licenzas de instalación ou repotenciación de parques de enerxía renovable para a contratación bilateral estable con industrias electrointensivas. O Bloque pide un estatuto que "acabe coa discriminación de Galiza" e inclúa "compensacións" ao país.
O PSdeG cre "unha tomadura de pelo" que o Sergas ofreza agora 17,5 millóns para os centros de saúde
Leiceaga pide a Feijóo "un cambio substancial nos orzamentos de sanidade" e medidas concretas que non se limiten a "anuncios previos ás eleccións destinados a ser esquecidos", ademais de incorporar as demandas das asociacións de profesionais.
Milleiros de persoas contra a reapertura da canteira da Casalonga en Teo
Veciñanza e colectivos contra o proxecto protestan durante un día enteiro e de maneira ininterrompida nun tramo da N-550. Advirten de que a restauración pode supor a acumulación de residuos tóxicos na zona. Unha manifestación de 5.000 persoas pon fin á mobilización.
O Estado desmente que a poxa de interrompibilidade deixe fóra a Alcoa, que ten oito empresas interesadas nas plantas
O Ministerio de Industria desmente a Red Eléctrica, que asegurara que as plantas da Coruña e de Avilés non podían presentarse ao vindeiro proceso por non ter comparecido no último.
O Goberno central decide manter o fuso horario e o cambio de hora estacional
O Executivo central aclara que non hai consenso entre a comisión de expertos, pero que non se propón modificar o fuso, e que se aprazará até 2021 unha posible decisión sobre a mudanza horaria.
Lores presenta a candidatura do BNG en Pontevedra e advirte que “o mellor está por vir”
Ana Pontón destaca a cidade e a xestión do actual alcalde como "referencia", non só para o nacionalismo senón a nivel "internacional"