O Culturgal sitúa o público no centro da súa edición 2018
"Ti levas o compás" será o lema do evento, que se celebrará en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. O público visitante "é a razón do éxito da Culturgal ao longo do tempo", destaca a organización.
O 'Faneka Gaming' converterá Cangas na capital galega dos eSports
O evento celebrarase co 21 ao 23 de xullo no IES de Rodeira, con competicións e premios en metálico, demostracións de Realidade Virtual, presentacións de empresas independentes de creación de videoxogos ou unha zona retro con torneos de varios títulos clásicos e unha mostra de consolas e ordenadores de distintas épocas.
Tres traballos galegos, premiados no certame de divulgación 'Ciencia en Acción'
As Vídeoleccións XeoClip de Xacobo de Toro e Adela Otero gañaron da categoría de Curtas Científicas. Einstein para perplejos e ¿Cómo llegó la vacuna de la viruela a América? recibiron senllas mencións de honor.
Galicia segue entre os territorios que máis emprego destruíron na última década
GRÁFICOS A pesar de que a Xunta celebroa que se vén de superar o millón de persoas afiliadas á Seguridade Social por primeira vez en sete anos, a cifra mantense 80 mil persoas por baixo dos niveis previos á crise. Galicia é a segunda comunidade que perdeu máis contratos dende o 2008
Abride a fiestra e enchede de amigos a casa de Rosalía
A Fundación Rosalía de Castro organiza unha xornada de portas abertas na Casa da Matanza acompañada de numerosas actividades entre os días 13 e 15 de xullo nas que tamén participa Praza.gal
Da Foz ao Pozo do Frade: “A loita para gañar o porto non pode ser a dun partido, é unha loita de cidade”
Marea Atlántica realizou este sábado unha singradura polo litoral da Coruña reivindicando a recuperación dos terreos portuarios e lembrando a toponimia tradicional
Nace o colectivo Xornalistas Galegas "para integrar a perspectiva feminista no xornalismo"
Unhas duascentas profesionais poñen en marcha a iniciativa, que se propón "incidir na creación dunha corrente deopinión masiva que esixa un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real"
Persoal da CRTVG esixe o cumprimento da lei dos medios públicos no sétimo 'venres negro'
"Por que levamos sete anos sen Consello de Informativos e incumprindo sistematicamente a maioría dos principios inspiradores da lei?", pregunta o persoal mobilizado
Galicia, terceira comunidade con menos médicos por habitante
Un informe da Organización Médica Colexial (OMC) en colaboración coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) cifra en 12.125 o total de colexiados activos nas catro provincias galegas, que en termos relativos só supera os datos de Andalucía e Castela-A Mancha
Santiago, A Coruña e Sanxenxo, os concellos que reciben máis poboación flotante
Sanxenxo recibe durante o verán unha poboación equivalente ao seu número de residentes permanentes; nesta estación tamén se disparan as entradas en O Grove, Nigrán, Baiona e Foz. Mentres, Ames, Oleiros, Narón, Teo e Cambre son as localidades dende as que se desprazan un maior número de persoas cara a outros lugares.
Unha tese recolle 1.317 expresións e frases feitas galegas que fan referencia a animais
Andrea González vén de defender o traballo na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Destaca que o seu obxectivo é "que non se perda un tesouro tan valioso para a nosa cultura, posto que as expresións figuradas son cada vez menos usadas e coñecidas, sobre todo nas xeracións máis novas"
Sabucedo vólvese entregar á paixón da Rapa das Bestas
Henrique Bazal, presidente da Asociación Rapa das Bestas: "Queremos proxectar a Rapa como o que é, unha tradición ancestral que forma parte da cultura do noso pobo e na que o respecto polos animais está por riba de todo"