O BNG lanza a súa proposta para "superar o Estatuto" e "finiquitar o réxime do 78"
Presenta as Bases Democráticas para que "Galiza sexa protagonista neste momento excepcional". O documento propón dereito a voto aos 16 anos, referendos se o pide o 3% do censo, renda social básica ou o galego como idioma vehicular no ensino.
O caso Campeón chega a xuízo sen que a Xunta acuse os seus ex-cargos implicados
O martes celébrase a primeira sesión, dedicada ás cuestións previas, da vista que senta no banco a 13 persoas, entre elas o ex-deputado do PP Pablo Cobián e o ex-director do Igape, Joaquín Varela. As partes procuran un acordo.
O 'Pergamiño Vindel' xa viaxa camiño de Vigo
O documento, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, será exposto no Museo do Mar entre outubro deste ano e marzo do próximo. “É moi especial prestar este manuscrito único ao lugar onde todo se orixinou”, din desde a Morgan Library de Nova York.
A Deputación de Pontevedra aproba por unanimidade o seu primeiro regulamento de comunicación inclusiva
“Medidas deste tipo cambian moito máis a sociedade que calquera outra cousa”, di a presidenta provincial, a socialista Carmela Silva
Referendo, democracia e Estado de excepción
Praza Pública
Unha Liga Ibérica de fútbol para 2019?
O presidente do torneo profesional en Portugal confía en que se organice un campionato entre equipos españois e lusos que podería empezar a artellarse cun cuadrangular a finais desta tempada. Foi unha das ideas achegadas no acordo de colaboración asinado entre ambas competicións.
A tartaruga Beo volve ao mar tras ano e medio de coidados no Grove
A Consellería de Medio Ambiente vén de devolver ao seu hábitat unha tartaruga mariña recollida hai ano e medio en Malpica logo dun longo proceso de recuperación nas instalacións do acuario do Grove
Urkullu insta a un Estado confederal que inclúa Galicia, Euskadi e Catalunya como nacións
O lehendakari reclama ao Goberno central que recoñeza as "realidades nacionais vasca, catalá e galega" e apunta a un "horizonte confederal" desde a "libre adhesión" que asuma o dereito a decidir "legal e pactado". Aposta pola "vía vasca" e reclama as 37 competencias aínda non transferidas
Navantia, obrigada a pagar indemnizacións polo amianto como herdeira de Bazán e Izar
Unha sentenza do Tribunal Supremo confirma un ditame de 2015 que sinalaba a responsabilidade solidaria da actual compañía polo prexuízo causado durante anos polo uso deste material nas empresas das que deriva. O texto dálle a razón á familia dun traballador ferrolán falecido en 2010.
Milleiros de mozos e mozas únense ás masivas protestas en Catalunya
Barcelona acolle unha concentración multitudinaria ante o TSJC polos 14 detidos do mércores que secundan milleiros de persoas, con maioría de estudantes, que tamén protestan na UAB. Os estibadores deciden non abastecer os barcos enviados de Interior para aloxar policías e gardas civís
Podemos quere que Marcial Dorado vaia ao Senado tras citar o PP a Inda polo seu financiamento
Os populares, con maioría na Cámara Alta, propoñen unha sesión monográfica sobre as contas do partido morado e estes retrucan pedindo aclarar os vínculos dos conservadores co narcotráfico
Atopan unha cámara oculta na sala de descanso do persoal da cafetería do CHUS
CIG-Servizos e CIG-Saúde exixen que se depuren responsabilidades, que se investigue se hai máis cámaras e convocarán asembleas de traballadores do Hospital de Santiago para valorar mobilizacións