Compostela dálles quince días aos Franco para que devolvan as estatuas do Pórtico
DOCUMENTO | Martiño Noriega envía un requirimento á filla do ditador esixíndolle a devolución das esculturas e anuncia que o Concello emprenderá accións legais de non recibilas. A Fundación Franco reabre Meirás ás visitas este venres logo de cancelalas "por seguridade"
Enxeñeiros de Apple, Google ou Intel cítanse na Coruña
Igalia acolle do 2 ao 4 de outubro a novena edición do Web Engines Hackfest, co obxectivo de discutir o estado actual da tecnoloxía, os problemas nos que se está a traballar, novidades e ideas para o futuro, apostando pola cooperación entre distintos navegadores.
Gonzalo Caballero imponse na recollida de avais para as primarias do PSdeG
O militante vigués presentou 2.297 avais, case 500 máis que Leiceaga e tamén que Villoslada, que foi o que menos apoios apañou entre a militancia
O BNG leva o Pazo de Meirás á ONU e pide a súa devolución ao pobo
Reclama tamén ás Nacións Unidas a ilegalización da Fundación Franco por exaltación do franquismo e "que se actúe ante o Estado español para declarar ilegal facer apoloxía do franquismo e para que se facilite a investigación e reparación dos crimes da ditadura"
A operación da Garda Civil polo 1-O desata unha vaga de protestas en Catalunya
Detidos 14 cargos da Generalitat, entre eles o 'número dous' de Junqueras. A operación aumenta a tensión e une no rexeitamento a independentistas, 'comuns' ou Podemos. Puigdemont asegura que o referendo segue adiante, Rajoy advírteo de "males maiores" e miles de cidadáns mobilízanse
Denuncian que Agolada non publicou actas dos plenos en toda a lexislatura
A queixa elevada á Valedora do Pobo afirma que o Concello incumpre a Lei de Transparencia de 2013. Sinálase, ademais, que dende abril deste ano tampouco se publica a información das Xuntas de Goberno
A Galicia Maker Faire trae a Richard Stallman a Compostela
A terceira edición do evento celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura. A feira, que nos dous anos anteriores acolleu 300 makers e 24 mil visitantes, crece en duración e dimensión.
'Na Butaca', teatro sobre o esquecemento
Coincidindo co Día Mundial do Alzhéimer, este xoves estréase en Compostela esta obra sobre un texto de Esther Carrodeguas, que tamén publica Galaxia. A representación serve tamén para recadar fondos en beneficio de AGADEA (Asociación Galega de Axuda os Enfermos con Demencias tipo Alzheimer)
Os cadernos manuscritos de Chus Pato inauguran o arquivo de 'Euseino?'
O fondo consta de 14 cadernos nos que se recollen as anotacións que acompañan a xénese de obras coma Fascinio, m-Talá e Carne de leviatán. A editorial publicará -con edición de Arturo Casas- a Obra Completa da poeta, que esta semana ingresará na RAG
Herdanza ou a posibilidade de encontro co Outro
Santiago acolleu a segunda edición do festival de danza na rúa Herdanza, que explorou a posibilidade do encontro co Outro.
En Marea únese á oferta de Podemos para unha asemblea por un referendo pactado
"Hai que darlle unha saída pactada a cada un dos pobos para que decidan o que queiran", di Yolanda Díaz no acto no que a formación morada e as súas confluencias convoca a parlamentarios e alcaldes de todos os partidos para que Catalunya "decida o futuro nunha consulta acordada co Estado"
O mapa do 'Vigo Rebelde'. Péchase a investigación sobre o movemento obreiro na cidade
A investigación colectiva impulsada dende o MARCO presenta os seus primeiros resultados, tras tres meses de traballo. Entre eles, un vídeo e un mapa realizado pola veciñanza de Teis que amosa os espazos das loitas obreiras das últimas décadas.