O Goberno central invadiu competencias autonómicas coa xestión das axudas a parados
O Tribunal Constitucional mantén a prestación de 426 euros a desempregados de longa duración pero obriga a cambiar a súa xestión tras un recurso do País Vasco en defensa de competencias que Galicia tamén ten transferidas desde hai dúas décadas
A Audiencia Nacional investiga a Méndez e varios directivos da extinta Caixa Galicia
Abriu unha causa contra o ex-director xeral da entidade e parte da antiga cúpula por unha ruinosa operación inmobiliaria en Almería, logo de ter concedido un crédito de 20 millóns de euros avalado cuns terreos que foran valorados en 30 millóns pero non valían nin 26.000 euros
O Concello coruñés lamenta o "apoio mudo" do PP á entidade financiada pola Xunta que fixo apoloxía do franquismo
O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, lembra que a asociación aludiu á "liberación' fascista e violenta" de Bilbao na súa web e que un dos seus dirixentes é guía da Fundación Franco no Pazo de Meirás: "Nunca lles escoitei palabra ningunha de condena a unha conduta nada sorprendente"
Os xefes de urxencias dos hospitais galegos piden ao Sergas medidas para evitar colapsos
Reclaman unha mellor planificación, a "implicación efectiva" de xerentes e directores na organización e que os pacientes pendentes de ingreso sexan enviados a planta "en tempo e forma"
Unha ducia de novas para recuperares se desconectaches durante as festas
o remate de 2017 e o comezo de 2018 sucederon acontecementos destacables e en Praza.gal publicamos informacións que seguen a ter vixencia alén da estrita actualidade. Estas son algunhas das informacións que podes recuperar para leres máis devagar se deches en desconectar durante as festas.
Un acto denunciará en Vigo o asasinato de seis activistas kurdas nos últimos anos
Unha concentración ante o MARCO de Vigo recordará este martes o asasinato, hai cinco anos, de tres activistas kurdas en París, do que se culpa aos servizos secretos turcos. Tamén se lembrará a outras tres feministas do Kurdistán, asasinadas en 2016.
O can de palleiro pasa de 9 a 1.275 inscritos pero aínda segue en perigo de extinción
VÍDEO E FOTOS | A raza galega xa conta con exemplares en Noruega, México ou Brasil, onde se empregan en explotacións de vacún
Máis pombas e mazás para Isaac, "o reconstrutor da patria"
Un acto no cemiterio de Boisaca homenaxea a Díaz Pardo no seu sexto cabodano e destaca o labor por crear "un país con estruturas e moitas posibilidades" dunha figura "única"
'Nieve en el ático': unha panxoliña para despedir o Nadal inspirada nas luces de Vigo
A banda galega Seda presenta o seu primeiro videoclip, inspirado no "despregamento luminoso do centro" da cidade polas festas
Centos de madriñas para mudar dez hectáreas de eucaliptos nun bosque autóctono
Unha campaña conxuna de micromecenado de Verdegaia, a Coluna Sanfins e a comunidade de montes local recada achegas para financiar a rexeneración dunha parte do monte comunal de Froxán, en Lousame, espazo recoñecido xa pola ONU pola súa conservación e xestión participada
O Colexio de Xornalistas critica "os exabruptos machistas de taberna" dun artigo publicado por tres medios galegos
A entidade denuncia na súa conta de twitter o texto de Xabier Vila-Coia, que aparece en El Correo Gallego, La Región e Atlántico Diario, e que pon en dúbida que a vítima de La Manada en Pamplona fose violada. Neste tema "entran en xogo os prexuízos sexuais, ademais do interese por obter rédito político", engade.
A Xustiza censura a privatización dos parques de bombeiros da Deputación de Ourense
Acepta parcialmente o recurso presentado pola CIG e aprecia "vicio ou defecto formal" no procedemento seguido na externalización ao negarse a negociación colectiva, non subrogarse todo o persoal nin equiparar o salario ás mellores condicións antes da fusión