Unha sentenza confirma a condena a unha nai por calumniar unha mestra nun grupo de whatsapp
No grupo que comparte con outros pais e nais do alumnado, acusou a profesora de Infantil de maltratar o seu fillo e mesmo de "comerlle o bocadillo". Non achegou probas, pero moitos medios publicaron as acusacións. O pasado mes de maio os tribunais condenárona ao pagamento dunha multa de 631 euros, agora ratificada por este novo ditame.
Israel denega o acceso a Gaza a varios deputados, entre eles Gómez-Reino, de En Marea
Doce membros do Congreso de varias formacións pretendían visitar os proxectos da ONU en Palestina
María Victoria Moreno "contribuíu a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno"
A Real Academia Galega inicia a conmemoración do Ano das Letras dedicado á autora coa publicación na súa web de contidos especiais dedicados a ela. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan a súa biografía, que fixa o seu ano de nacemento en 1939.
VÍDEO | Borja Gómez: a vitoria da inclusión no ciclocross
Ten 15 anos e Síndrome de Down. Participou esta fin de semana en Euskadi coa selección galega cadete no campionato de España, conseguindo rematar unha dura carreira. Vídeo no interior
A caravana pola sanidade pública da Mariña acusa o PP de "baleirar de contido os hospitais comarcais"
Máis de 300 vehículos e un milleiros de persoas participaron na terceira etapa desta mobilización, que tivo Burela como escenario. O 4 de febreiro unha manifestación en Compostela protestará contra a política sanitaria da Xunta e a supresión das áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés.
A Plataforma Antilindano pide unha investigación no Porriño e Mos para localizar zonas contaminadas
A entidade está a recoller testemuños da veciñanza sobre numerosos lugares nos que se puido depositar terra que contiña este pesticida canceríxeno. Reclama unha actuación decidida de Xunta e Concellos para atallar o problema
"O colapso sanitario de xaneiro arránxase en xuño, non en xaneiro"
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria reclama melloras de xestión e de financiamento na Atención Primaria e nos Centros de Saúde, lembrando que "debe ser o eixo da xestión da saúde da poboación" e que a prevención pode evitar as situacións puntuais de colapso que se producen no inverno por mor da gripe.
Santa Maria da Feira, Capital da Cultura 2018 do Eixo Atlántico a hora e media de Tui
PROGRAMA DESCARGABLE | O evento bianual inclúe actuacións musicais, teatro, exposicións ou seminarios
Canto ocupan os .gal? 140 xigas, cando menos
A Biblioteca Nacional de España levou a cabo, por encargo da Biblioteca de Galicia, a primera recolección do dominio galego, obtendo os datos contidos en 4.261 direccións, das que a metade están activas. Nunha de cada catro gardouse un máximo de 150 Mb, a xeito de mostra. A información pasa a formar parte da colección web de Galicia
Implícate: Unha noite para ver o mundo con outros ollos
Este domingo terá lugar no Teatro Principal de Compostela a gala organizada por Implicadas no Desenvolvemento, coa actuación de Atrás Tigre, Mounqup, Roi Casal, ISI, Marta Iglesias e Xacarandaina, entre outras/os. A recadación irá destinada a financiar proxectos de cooperación do sur da India.
O chavismo di que Venezuela nacionalizará Banesco e Escotet responde que "non está en venda"
Diosdado Cabello, ex-ministro e vicepresidente do oficialista PSUV, asegura que o Goberno comezará "esta semana" as "negociacións" para mercar a entidade matriz de Abanca. O seu presidente, Juan Carlos Escotet, resóndelle asegurando que o banco "non está en venda".
Interinos advirten de que un de cada tres médicos de Primaria "traballa en precario e sen praza"
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia asegura que as cifras de reais de temporalidade achegadas polo Ministerio de Sanidade sitúan no 35% a taxa na Atención Primaria en Galicia, lonxe do 8% a nivel global do que fala o Sergas