PuntoGal e RAG lanzan unha oferta de dominios a 15 euros cun concurso de microrrelatos
As dúas entidades presentan unha campaña conxunta para incrementar a presenza do galego na rede, na que destaca a posibilidade de rexistrar dominios .gal a un prezo moi reducido durante todo o mes de febreiro, coincidindo co aniversarios de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ou o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro)
"Nós feiramos de segunda a sexta": A Mesa e AGAL chaman a recuperar os nomes tradicionais dos días
As dúas entidades lanzan unha campaña para promover a denominación histórica dos días da semana: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado. Irá destinada, fundamentalmente, aos máis pequenos e aos medios dixitais.
O PP promete na Cidade da Cultura un aumento das bolsas condicionado a que a oposición apoie o orzamento de Rajoy
Feijóo trae a Galicia unha convención do seu partido sobre educación e postúlase para liderar un pacto de Estado. O ministro de Educación propón “un MIR educativo de dous anos”.
300 cargos locais lanzan o concepto “concellos BNG” como sinónimo de “marca de calidade”
Santiago acolle un encontro de concelleiros e concelleiras nacionalistas para planificar a súa campaña de cara ás eleccións municipais do ano próximo
Enreguéifate estrea web e esténdese de Santiago a Ames, Teo e Carballo
VÍDEOS | O certame, que celebra a súa segunda edición, busca difundir a tradición da improvisación oral en verso en galego
A espera para operarse segue por riba dos 60 días que fixou a lei en 2014 e empeora aínda máis na Coruña e Povisa
Malia a lixeira mellora global nos datos a respecto de hai un ano, a Xunta segue sen ser quen de cumprir a obriga que se impuxo a si mesma en 2014
A Coruña presenta as 'Guías de Ciencia Cidadá' para "afondar no coñecemento dos bens comúns"
O proxecto trata temas como a paz, a mobilidade urbana, os bosques, os espazos de pesca, a paisaxe, as infraestruturas, a costa, o barrio e o aire, co obxectivo de seren traballados por mozas e mozos de entre 12 e 16 anos nas aulas
En Marea lanza unha batería de iniciativas contra o “espolio” da AP-9
A formación quere “actuar politicamente contra a o espolio descarado e ilegal por uns gobernos que serven a intereses privados a costa da economía dos galegos e galegas”
Os plenos de Rianxo, Cambados e A Illa piden por unanimidade a paralización da Mina de Touro
O PP apoiou tamén as mocións impulsadas pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, que lle piden á Xunta que desestime o proxecto e elimine a contaminación aínda existente.
VÍDEOS | 'Fóra': o documental da loita contra ENCE en Pontevedra, de estrea o 2 de febreiro
O traballo audiovisual, dirixido polo xornalista Rodrigo Cota, será presentado no Teatro Principal de Pontevedra. A montaxe recolle testemuños dos principais protagonistas desta loita social xunto a imaxes da contorna e documentación inédita ata agora non recompilada"
A folga do persoal de Xustiza redobra a presión na demanda de melloras laborais
Apenas o 16% dos empregados acudiu este xoves ao seu posto de traballo. Máis de dúas mil persoas manifestáronse en Compostela en reivindicación de incrementos salariais, dereitos contractuais e contra a eliminación de prazas, que nos últimos anos levou a ralentizar os procesos e a un incremento da súa carga de traballo.
A Xunta ofertará 1.919 prazas nas oposicións de Educación, máis da metade para Secundaria
O Goberno galego, que aínda non detallou a oferta de prazas por especialidades, presentará a súa proposta aos sindicatos "nas próximas semanas"