O 80% dos concellos da provincia de Pontevedra carecen de servizo de normalización lingüística
A Mesa presenta a auditoría lingüística realizada para a Deputación na que analiza a dispoñibilidade do galego nos 61 municipios. “Cómpre que asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e dotar con recursos a planificación lingüística", di.
O Parlamento inclúe os 179 presos galegos na súa declaración en recordo das vítimas do nazismo
Este 27 de xaneiro celebrarase o Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto. A cámara inclúe na homenaxe -como solicitara a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica- os cidadáns galegos que foron confinados en campos de concentración nazis e subliña a colaboración do réxime franquista con Hitler.
A Coruña, Santiago e Ferrol propoñen incrementar a contía da RISGA e evitar exclusións
Os tres gobernos municipais presentaron alegacións conxuntas ao proxecto de decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social. Sinalan que a renda de integración está "excesivamente condicionada e burocratizada", ten unha contía insuficiente e deixa fóra a moitas persoas que necesitan da axuda
"Placaxe ao eucalipto": as árbores autóctonas 'amadriñadas' xa medran no monte de Froxán
O proxecto 'No corazón unha árbore' planta coa axuda de 160 persoas voluntarias as primeiras árbores autóctonas que medrarán en áreas do monte comunal ata agora ocupadas por un eucaliptal
O ex-número tres do PPdeG comeza a desvelar o financiamento ilegal do partido en Valencia
Pablo Crespo recoñece o que adiantara Francisco Correa e revela que a trama Gürtel tratou con Alberto Fabra o pago de actos electorais. 'El Bigotes' sinala a Camps como a persoa que ordenaba cobrar os actos de campaña a empresarios
VÍDEOS | Fitur 2018: Así se presenta Galicia ao mundo
A Feira Internacional de Turismo (Fitur) volve ser estes días escaparate no que observar o xeito en que o Goberno galego, as deputacións e os concellos presentan Galicia ao mundo.
Outra agresión de ultras atléticos logo de que unha testemuña sinale cinco deles pola morte de Jimmy
O ultra arrestado como presunto autor do acoitelamento doutro afeccionado este mércores xa estivo na cadea polo asasinato de Aitor Zabaleta. Tres anos despois da malleira ao seareiro deportivista, ninguén foi condenado nin está investigado malia as investigacións policiais e os testemuños
Concellos de Galicia e Portugal piden a Madrid e Lisboa un novo tratado de cooperación que prime á cidadanía
DOCUMENTO | As entidades transfronteirizas da Península, coordinadas desde o Eixo Atlántico, entregan a súa proposta aos gobernos de España e Portugal
A CIG ve “un despropósito” o arquivo do caso dos helicópteros da Xunta malia a súa ilegalidade
O sindicato lembra que a Xunta non só entregou sen contrato a Inaer o servizo aéreo de 2012 senón que tamén lle encargou como novidade a xestión das brigadas, co que critica o argumento do xuíz de que a empresa xa realizaba o mesmo traballo
Galicia contará cunha Fiscalía especializada en violencia machista
Rosalina Carrera, designada para o posto, estaba dende o ano 2012 á fronte da Sección de Violencia sobre a Muller na provincia de Pontevedra. A comunidade convértese na cuarta autonomía con esta figura. No último ano as denuncias por violencia de xénero incrementáronse un 18% e a cifra leva en ascenso dende o ano 2012.
Concello de Vigo e Xunta volven enredarse nunha discusión sobre se a auga do barrio de Canido é potable
Sanidade afirma que dúas análises amosan niveis de trihalometanos por riba do máximo recomendado pola lei e declara a auga como "non apta para o consumo". O Goberno local responde que as súas análises dan medicións por debaixo do límite e acusa o Goberno galego de estar "instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade".
Os afectados polas preferentes critican no Congreso a “complicidade” do PP galego co sistema financeiro
Xesús Domínguez, portavoz da plataforma, contrapón na comisión sobre a crise financiera as sancións mínimas que recibiron as entidades coas multas aos manifestantes, e lembra que os populares bloquean a investigación no Parlamento de Galicia