Traballos forestais volven danar un castro na Mariña
Adega e Mariña Patrimonio levan tempo denunciado e documentando as afectacións que a industria do eucalipto provoca en diferentes bens patrimoniais, o último deles no xacemento protexido dos Castros, en Barreiros
Xa está en marcha o Olloboi 2018, a canteira do audiovisual galego
Ata o 30 de abril poderán enviarse curtas realizadas por alumnado e profesorado de centros de ensino de toda Galicia, dende Primaria ata a Universidade. Os premios, con nove categorías, entregaranse o vindeiro 11 de maio en Boiro.
Comeza o proceso para a declaración BIC das esculturas do Mestre Mateo
O DOG publica este luns a incoación do procedemento para a protección das nove obras. Dúas delas están en poder da familia Franco, a pesar de ser propiedade do Concello de Santiago, que en outubro presentou unha demanda xudicial. Parlamento e Congreso aprobaron por unanimidade peticións para que os herdeiros do ditador devolvesen estes bens
O novo filme de Eloy Enciso afonda na 'noite galega' a partir de textos de Max Aub ou Luís Seoane
Lugo, Meira, Becerrea, Chantada, Sarria ou Pontevedra serán as localizacións nas que se rodará Longa Noite, a terceira película do director de Arraianos, que volverá estar protagonizada por actores de grupos de teatro amateur de toda Galicia
Máis da metade das queixas que recibe A Mesa por discriminación do galego refírense á administración
A entidade presenta o informe anula da 'Liña do galego'. Google, Ikea, Abanca, Movistar, Banco Santander e El Corte Inglés son as empresas que recibiron un maior número de reclamacións.
San Sadurniño acolle a estrea das curtas do 4º ChanfainaLab, gravadas por Ana Pontón ou Oliver Laxe
Na sesión, que terá lugar este sábado, poderán verse as 21 pezas realizadas o pasado ano durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro. O 58% dos filmes foron realizados por mulleres.
O BNG pide explicacións á Xunta pola renuncia a participar en feiras internacionais do libro
O Goberno galego rexeitou acudir a Boloña, Barcelona, Frankfurt e Guadalaxara e responsabilizou da situación ao “crecente desinterese do sector editorial”, algo que a Asociación Galega de Editores nega. O Bloque denuncia "desleixo cara á cultura do país en xeral e cara ao sector do libro en particular"
Os indies que retrucaron a Trump con música, primeira fichaxe na versión estendida do Festival da Ribeira Sacra
O 17º Ribeira Sacra regresa a espazos naturais e patrimonais de Monforte e Sober do 27 ao 29 de xullo e mais do 3 ao 5 de agosto
A Xunta advirte de que non permitirá que se "paralicen" os xulgados se hai folga indefinida
Alfonso Rueda cre que aínda hai tempo para evitar o paro previsto a partir do 7 de febreiro pero avisa que o Goberno activará medidas para evitar a "paralización" prevista na Xustiza
Tres institutos prepararán nun congreso científico o seu terceiro lanzamento dun globo á estratosfera
Vila de Cruces acolle o vindeiro 5 de febreiro o encontro, no que participa estudantado e profesorado do IES Maruxa Mallo de Ordes, o IES de Miraflores en Oleiros e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Analizarán os experimentos realizados o pasado ano e explicarán os detalles do novo lanzamento, que se realizará esta primavera
Nace o 'Día dos Medios en Galego' para conmemorar o aniversario de 'O Tio Marcos d'A Portela'
O 7 de febreiro de 1876 saiu á rúa o Parrafeo Primeiro deste xornal, que chegou a vender 4.000 exemplares. O 7 de febreiro quedará instituída esta celebración para "visibilizar os medios que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país”. Os actos centrais terán lugar o sábado 3 en Fene.
Unha viaxe polas vidas de Fernando Pérez-Barreiro Nolla a través da súa poesía
Ferrol acolle este xoves a presentación do libro Poemas do carricanto (Espiral Maior), que recolle a pouco coñecida produción poética do xornalista e tradutor finado en 2010. Os textos foron recompilados por Teresa Barro e un grupo de amigos como Fran Silva e Nicolás Vidal