Concelleiros do BNG de 20 localidades protestaron en Touro contra o proxecto de megamina
Na concentración participaron representantes de Touro e O Pino, pero tamén de Teo, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Arzua, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vila de Cruces, A Estrada, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo e O Grove, todos afectados polos prexuízos provocados pola instalación
O déficit galego en atención psicolóxica agrávase ao non convocar a Xunta ningunha nova praza de especialista
A vindeira convocatoria de Oferta Pública de Emprego do Sergas non incluirá ningunha praza para especialistas en psicoloxía clínica. O Colexio Oficial de Psicoloxía lembra que dende o 2010 só se convocaron tres prazas e subliña que o ratio galego (3,34 por cada 100.000 habitantes) é moi inferior á media española (4,3)
Un manifesto demanda da Xunta "actuacións concretas ante o Goberno Arxentino" para salvar o Centro Gallego
Os reitores das tres universidades, os presidentes da RAG, do CCG, do Padroado do Museo do Pobo ou da Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina asinan o texto, que esixe "esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria" do predio
Terceiro día da folga na Xustiza, ao berro de "non cases, únete"
Entre 600 e 800 xuízos tiveron que ser suspendidos en todo o país, por mor dun conflito laboral que se endurece. Os sindicatos denuncian que a suba salarial proposta pola Xunta seguiría mantendo Galicia no último ou penúltimo lugar das competencias autónomas con competencias na materia.
As editoriais reclámanlle á Xunta que non retire o apoio ao libro galego nas feiras internacionais
O presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE), Xosé Ballesteros, reuniuse co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e demandoulle unha rectificación. A AGE participará, con fondos propios, na Feira de Boloña, onde xa confirmaron a súa presenza dez empresas.
A SGHN pide a inclusión do acivro no Catálogo Galego de Especies Ameazadas
Na vindeira xuntanza do Observatorio Galego da Biodiversidade a entidade solicitará a súa consideración como especie vulnerable, pois neste momento non conta con ningunha figura de protección en Galicia. En 1984 foi declarada especie protexida a través dunha orde da Xunta, que quedou derrogada en 1990.
“Entroideiro ou besta?”: Campaña contra as agresións sexistas nestas festas
A iniciativa loita contra “a falsa idea de que no Entroido todo vale” e é lanzada por tres empresas de Ourense
O Parlamento anima a sociedade a apoiar os medios de comunicación en galego
A Cámara sumouse este mércores ao Día dos Medios en Galego cunha declaración institucional e a recepción por parte do seu presidente de representantes da Asociación de Medios en Galego
'Dhogs' arrasa nas candidaturas aos Mestre Mateo, con 17 finalistas
As longametraxes A estación violenta, Os fillos do sol e Trinta Lumes optan tamén ao premio ao mellor filme. Os galardóns entregaranse na Gala do audiovisual galego, que se celebrará o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña.
Cans impulsa un concurso de booktrailers para estimular a lectura en galego
O festival impulsa esta iniciativa, titulada O Ollo de Vidro, patrocinada pola Asociación de Veciños do Calvario (Vigo) e na que están implicadas bibliotecas, institutos e a Escola de Idiomas da cidade olívica. O obxectivo é fomentar a lectura e estimular a creación audiovisual
CUT e SLG rexistran unha folga de 24 horas para o 8 de marzo e CIG, CCOO e UGT, paros parciais
O preaviso de folga xeral foi rexistrado este martes en Compostela polas secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego Galego
As oposicións de Educación terán 1.653 prazas de nova incorporación e 397 de promoción interna
O detalle por especialidades da convocatoria deste ano foi presentado este martes pola Xunta aos sindicatos. A CIG critica que “non se convoque ningunha praza a maiores das existentes actualmente”.