O 82% dos ingresos das industrias extractivas vai para empresas que teñen fóra a súa sede
A porcentaxe, estable nos últimos anos, elévase ata o 86% se só se teñen en conta as compañías de máis de 10 empregados/as. No conxunto da industria o 34% é facturado por empresas con sede noutras comunidades autónomas, aínda que só a metalurxia (60% da súa cifra neta de negocio) acada proporcións semellantes.
Este sábado, primeiros concertos expansivos polo monte galego
Este sábado 4 está xa confirmada a actuación dunha ducia de bandas en sete espazos de Compostela, Ourense, Vilar de Santos, Mos, Manzaneda ou Ferrol. Os colectivos e músicos/as implicados/as piden unha "nova política forestal" que se asuman "responsabilidades" pola recente vaga de incendios
O diccionario online da RAG supera os 15 millóns de visitas no que vai de ano
Melloran xa os 14.4 millóns cos que se pechou o 2016. Conacha, afouteza, dioiva e luscofusco, entre as palabras máis buscadas nos últimos días.
O nivel dos encoros galegos xa está por baixo do 40% no Miño-Sil e o Navia
Na demarcación Galicia Costa, con pantanos máis pequenos, o nivel acada o 47%. “De aquí a 90 días, malo será que non chova”, di a conselleira de Medio Ambiente.
A Fiscalía mantén petición de cárcere para o ex-alcalde de Vigo Manuel Pérez tras o seu xuízo por abuso sexual
O popular negou na vista a acusación de valerse do seu posto de inspector laboral para aproveitarse dunha muller que acudiu á súa oficina tras unha inspección na empresa na que traballaba ao tempo que cobraba o paro
A Audiencia Nacional cita a declarar a Puigdemont por rebelión
O president destituído da Generalitat anunciaba horas antes que quedaba en Bruxelas, desde onde reivindicou o Govern en exercicio e dixo afrontar o "reto" do 21-D. A xuíza da AN admite a trámite a querela contra Puigdemont e os membros do seu Govern e fíxalles unha fianza de 6,2 millóns
A CIG chama á folga na sanidade este xoves e venres, malia o acordo do resto de sindicatos co SERGAS
O sindicato nacionalista considera que o documento asinado por CCOO, CSIF, SAE, SATSE, CESM-OMEGA e UGT coa Consellería de Sanidade "deixa máis dúbidas que certezas" e "non soluciona o conflito".
Que se está a dilucidar en Catalunya? Retos tras o 28-O
Praza Pública
A marcha de Puigdemont a Bélxica internacionaliza o conflito catalán nos tribunais
Bélxica é un dos países europeos máis garantistas na concesión de extradicións. A Audiencia Nacional terá que ditar unha orde europea de detención se Puigdemont non atende ao interrogatorio, o que abriría un proceso en Bélxica para analizar se procede facelo
A subversión chega a Cineuropa
Costa-Gavras, un ciclo sobre as revolucións e outro sobre os dereitos humanos marcarán a 31 edición do festival, que entre o 7 e o 28 de novembro proxectará en Santiago 264 películas
Puigdemont marcha a Bruxelas ante o inicio das accións da Fiscalía do Estado contra el
Bélxica é un dos países europeos máis garantistas na concesión de extradicións e permite que a defensa dos acusados poidan expor unha necesaria análise sobre os elementos indiciarios da comisión de delitos
'Matria', a curta que lles dá voz "ás mulleres silenciadas que soportan e calan"
A peza dirixida por Álvaro Gago foi premiada esta fin de semana na Seminci de Valladolid. O filme relata a vida de Ramona, traballadora nunha conserveira, e pretende "desmitificar a idea de que Galicia é un matriarcado", en palabras do seu director.