Poesía e música na homenaxe a Paco Souto, "a personificación do verbo dar”
O espectáculo 'Atesourando a palabra' homenaxeou nun ateigado Teatro Colón da Coruña o poeta e político nacionalista, falecido hai oito meses no mar
A avespiña asiática xa afecta a todos os castiñeiros de Galicia
A produción de castañas de 2018 será a primeira afectada globalmente pola praga deste insecto. Os expertos xa solicitaron ao Goberno central a autorización para facer fronte a esta praga coa loita biolóxica, baseada na solta do insecto 'Torymus'
Feijóo propón "galeguizar España" como "receita" contra a crise catalá
O presidente da Xunta cre que o Estado debe deixar de mirar a Catalunya e poñer como exemplo de "modelo autonómico" a Galicia para "superar as incertezas do Estado das autonomías"
Cuac FM resiste: "Quérennos roubar as palabras"
A radio comunitaria da Coruña, que deixou de emitir en FM tras o expediente e a ameaza de sanción por parte da Xunta, presenta o seu Manifesto polo dereito a comunicar e apaña apoios para conseguir a súa volta ás ondas e a licenza pola que leva anos loitando
A Coruña súmase ás cidades galegas con restricións de auga pola seca
A Mesa Metropolitana da Auga acordan restrinxir o consumo en fontes, interromper o baldeo de rúas, reducir os regos públicos e privados e controlar o consumo en edificios e instalacións municipais tras baixar o nivel do encoro de Cecebre ata o 39%
Cando baixa a marea (rosa)
Praza Pública
O ERE do Santander afecta cinco centros de traballo en Galicia
O recorte afectará cinco centros galegos, catro deles na Coruña e un en Compostela, e ameaza 500 empregados. O expediente chega logo da compra do Popular, que xa prescindiu hai pouco de 300 empregados no país
Apoio unánime do Parlamento ás xestións de Santiago para que os Franco devolvan as esculturas do Mestre Mateo
O PP súmase á inciativa de En Marea, que recoñece que as figuras están “ilexitimamente en man da familia do ditador” e ofrece a colaboración da Xunta para restauralas unha vez que o xulgado recoñeza a propiedade do Concello
'En negro' dende Bruxelas para pór a loita contra a violencia machista "no centro da axenda política"
Unha delegación galega presenta no Parlamento Europeo a iniciativa contra as agresións de xénero impulsada en 2015 no Concello de Santiago, á que agora xa se adheriron máis de 70 concellos galegos
O BNG aborda o "franquismo sen Franco" nunha conferencia en Bruxelas
A formación nacionalista denunciará o "amparo do espolio" e a "apoloxía da ditadura" por parte da familia Franco e organiza un acto con académicos, historiadores, politólogos, políticos, e asociacións pola recuperación da memoria histórica o vindeiro 20 de novembro
O pleno da Coruña acusa a Feijoo de "deslealdade" coa cidade no futuro dos peiraos
Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e BNG aproban unha moción que critica a actitude de Xunta e Puertos del Estado neste tema e insta a creación dun consorcio formado por todas as administracións que garanta a participación da cidadanía na toma de decisións sobre o futuro dos terreos portuarios
O PP promove que o Parlamento apoie o 155 e as medidas xudiciais contra o Govern
Os populares volven meter o conflito catalán no debate galego logo do protagonismo no pleno de política xeral e propoñen unha declaración institucional de apoio ás actuacións dos poderes de Estado ante a "grave e desleal actuación dos dirixentes cataláns"