O xuíz belga deixa en liberdade provisional a Puigdemont e os seus ex-consellers
O ex-president e catro dos seus consellers declararon durante cinco horas tras presentarse na mañá deste domingo nunha comisaría de Bruxelas
Polo menos 27 persoas morreron polos incendios en Galicia nas tres últimas décadas
A Sociedade Galega de Historia Natural vincula a proximidade de eucaliptos e acacias a zonas poboadas co aumento da mortalidade especialmente en Pontevedra
Puigdemont e os ex-consellers que seguían en Bélxica son detidos tras presentarse en comisaría
Tras prestar declaración ante un xuíz, este decidirá antes das nove da mañá deste luns sobre o seu futuro inmediato.
'A prensa en Galicia na Transición', de Marcos Pérez Pena, Premio da Crítica de Galicia 2017
O libro do xornalista de Praza Pública editado por Xerais vén de obter o recoñecemento na categoría de Investigación
As traballadoras de Bershka en Pontevedra desconvocan a folga tras un acordo con Inditex
A CIG di que o conseguido "supera as pretensións marcadas inicialmente polo persoal" e atribúeo a que o paro foi "un conflito unitario"
O ERE do Santander tras a absorción do Pastor afecta uns 200 traballadores en Galicia
O recorte de persoal anunciado pola entidade en todo o Estado levarase a cabo tamén nas oficinas centrais que o Popular mantiña na Coruña e Bergondo. En Marea acusa a Xunta de "deixar orfos os traballadores".
O PSdeG acusa a Baltar de priorizar a extinción do lume nas propiedades dos responsables da Deputación
O presidente da Deputación de Ourense compareceu no Parlamento para explicar os orzamentos do organismo que preside, que foron recibidos con críticas da oposición.
70 concellos e máis de tres mil comercios tinxiranse de negro contra as violencias machistas
A campaña, que busca visibilizar a repulsa contra o machismo, desenvolverase do 23 ao 26 de novembro. Iniciada en Santiago de Compostela, estendeuse ao resto do país o pasado e nesta terceira edición segue a crecer, xa baixo o nome de Galicia en Negro Inclúe tamén actividades para centros de ensino
"Ao noso derbi, no noso tren"
O Ribadeo F.C. anima os seus afeccionados a desprazarse en tren ao partido que este domingo xogan en Viveiro, no derbi por excelencia da Mariña. "Porque o noso tren está pasando un mal momento e cremos que a mellor maneira de apoialo é dándolle uso, viaxando nel", destacan.
A xuíza encarcera a Junqueras e oito ex-consellers e o fiscal pide deter a Puigdemont
A maxistrada cre que hai un alto risco de reiteración delictiva e de destrución de probas e sinala que o seu alto poder adquisitivo permítelles "abandonar o territorio español e subsistir no estranxeiro". Santi Vila, que dimitiu un día antes da DUI, podería eludir a cadea se paga 50.000 euros.
A antiga rede exterior de Novacaixagalicia renuncia ás oficinas e destrúe 270 empregos
EVO Banco fora vendido en 2014 por NCG Banco por imposición do Goberno central a un fondo de investimento por 60 millóns. Os sindicatos piden o cese do conselleiro delegado, Enrique Tellado, que fora directivo de Caixa Galicia.
As Compostelas de todas as épocas, nunha soa web
O Concello de Santiago estrea o seu Xeoportal, unha ferramenta que achega á cidadanía toda a información xeográfica e catastral relativa ao municipio. A páxina ofrece un visor para superpoñer distintas imaxes aéreas e planos e permite, ademais, descargar en alta resolución seis mapas históricos da cidade