Contaminación por lindano no Porriño: A Xunta pide non consumir auga nin alimentos da zona
Medio Ambiente clausura sete pozos e anuncia un proxecto "para a recuperación e limpeza dos solos despois do Nadal"
Denuncian 300 vulneracións do acceso á atención sanitaria en Galicia nos últimos dous anos
Médicos do Mundo, SOS Sanidade Pública e outras entidades presentan o informa Cinco anos de discriminación sanitaria en Galicia, que alerta das dificultades que a poboación inmigrante atopa para acceder ao sistema de saúde, uns obstáculos que son especialmente graves para as persoas con cancro e enfermidades crónicas
'A Máquina do Tempo', realidade virtual para descubrir pezas históricas do patrimonio galego
O Consello da Cultura Galega presenta unha aplicación que combina dúas tecnoloxías emerxentes, a realidade aumentada e a realidade virtual, para descubrir dun xeito innovador pezas históricas custodiadas nas institucións de memoria de Galicia
Unidos, co eucalipto a 45 euros
Praza Pública
Un helicóptero que explora a ampliación da mina de Touro provoca un accidente en Boqueixón
O aparello deixou caer sobre unha zona de monte unha peza de gran tamaño, utilizada para localizar mineral ata 700 metros de profundidade. A plataforma veciñal enfrontada ao megaproxecto mineiro leva dúas semanas denunciando estes voos que, din, pasan por riba de núcleos de poboación.
A Audiencia absolve o ex-alcalde de Vigo Manuel Pérez do abuso sexual do que o acusaba a Fiscalía
“Non existe proba de cargo suficiente para desvirtuar o principio de presunción de inocencia”, di o tribunal
Máis de 70 concellos e tres deputacións tínguense de negro "contra as violencias machistas"
Representantes de 60 dos 75 municipios e das deputacións adheridas á campaña impulsada polo Concello de Santiago asinan o protocolo da iniciativa nun acto reivindicativo en Raxoi: "É a imaxe dese combate e denuncia contra unha situación que non pode continuar máis"
Baltar convoca outra praza de porteiro na Deputación de Ourense, tutelada por excederse nos gastos
Hai un ano xa ofertara catro postos similares entre os 128 que convocou a poucos días das autonómicas. O ente provincial chegara a realizar en dous anos 22 contratos eventuais de porteiros para un centro cultural con só dúas portas
"O que veña cando caia Rajoy terá o apoio de Aznar; se é Feijóo, pois Feijóo"
Unha conversa do caso Lezo entre Zaplana e Ignacio González revela a batalla interna contra o actual presidente do Goberno central no PP. O ex-ministro asegura que o ex-líder popular apoiará quen sexa na remuda á fronte do partido e cita o actual xefe do Executivo galego como alternativa
Máis de trinta concellos forman parte xa da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás
Un total de 31 municipios máis uníronse á iniciativa que celebrou o seu primeiro plenario e decidiu "afondar en todas as vías posíbeis encamiñadas á devolución" do inmoble "en mans da familia Franco"
Curtas Armadiña premia a Nerea Barros no certame que se celebra esta semana en Poio
O festival recoñece o talento e labor da actriz compostelá na gala que o domingo porá final a toda unha semana de actividades e proxeccións
A concesionaria do Hospital de Vigo segue negándose a pagar o IBI
O Concello esíxelle case un millón de euros pero a empresa presentou un recurso contencioso-administrativo. O debate de fondo é se o centro é de titularidade pública -como defenden Xunta e concesionaria- e polo tanto non ten obriga de abonar o imposto, ou privada -como afirma o Goberno local- e si debe facelo