O PP rexeita por “covardes” as emendas da oposición para aumentar os Orzamentos da Xunta para 2018
A oposición critícalle ao Goberno galego o que considera un uso abusivo da lei de acompañamento e o conselleiro de Facenda anuncia un incremento da oferta pública de emprego para este ano e o próximo
Culturgal 2017: unha feira 'de dez'
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá do 1 ao 3 de decembro a décima edición do Culturgal, que presentou este luns a súa programación: 130 actividades, 120 stands e un novo espazo dedicado á arte contemporánea. Portugal será o país convidado, o que contribuirá a estreitar relacións entre as culturas ao norte e ao sur do Miño.
Un 'Día da Infancia' con cada vez menos nenos e nenas en Galicia
En 2016 naceron 18.952, preto do mínimo histórico, rexistrado en 1998. En oito concellos non se produciu ningún nacemento o pasado ano: Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Muras, San Amaro, A Teixeira, A Gudiña, Pontedeva e Vilariño de Conso.
Nace a web colaborativa de eventos AXaneira.gal
A iniciativa da Asociación Cultural Chuza! remata a súa fase beta. A entidade anuncia a súa disolución "debido principalmente aos problemas legais derivados dos últimos trocos nas lexislación española" pero mantén en marcha tamén Chuza.gal e OQue.gal, xestionados dende fóra do Estado
A policía vixía 1.596 agresores machistas en Galicia
O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero inclúe en Galicia 3.147 casos activos e na metade deles apréciase algún tipo de "risco", entre elas 2 situacións consideradas de risco "extremo", 13 de risco "alto" e 255 de risco "medio", o que leva á adopción de medidas de observación de posibles incidencias.
A devolución do Pazo de Meirás, a debate en Bruxelas
BNG, Bildu, Compromís e ERC organizan este luns 20 de novembro no Parlamento europeo a xornada de debate O Franquismo despois de Franco, na que intervirán investigadores, representantes políticos e asociacións pola memoria e na que a situación do inmoble espoliado será un dos temas centrais
Mareas locais poñen en Ourense as bases para unha 'rede municipalista galega'
Máis dun cento de persoas participaron ao longo do sábado na xornada Hai Mareas, no que chamaron a preparar as eleccións do 2019 "desde a boa praxe na xestión municipal". No encontro interviron os alcaldes da Coruña ou Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, concelleiros de Vigo ou Ourense e deputadas de EnMarea
O BNG pide que o 1% do orzamento da Xunta se dedique a combater a violencia machista
Representantes da xudicatura, dos CIM e dos colectivos feministas participaron na xornada Avanzando contra a violencia machista, organizada pola formación nacionalista. A fiscal encargada deste ámbito en Compostela pide medidas para reducir as dificultades das vítimas para probar agresións
Denuncian que Facebook censura o tráiler dun filme galego de temática homosexual
A rede social alega “contido inapropiado” para restrinxir a promoción do video, no que non hai escenas sexuais ou personaxes espidas, senón unicamente un bico entre dous homes. Nove de Novembro estrearase nos vindeiros meses
As concentracións de lindano nalgúns lugares do Porriño multiplican por dez o máximo permitido
As medicións efectuadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil sitúan dende hai anos os niveis desta substancia perigosa moi por riba dos límites legais. ADEGA esixe que "se amplíen e completen os labores de descontaminación ata erradicar a totalidade dos materiais e sedimentos contaminados"
CIG-Saúde denuncia o "desmantelamento" do arquivo de historias clínicas no Hospital da Costa
O sindicato sinala que a documentación foi xa trasladada, coa excusa de levar a cabo unhas obras, e alerta de que isto se une a unha longa lista de servizos perdidos no centro sanitario da Mariña.
R, Gadis e Abanca levan os galardóns nos XXIV Premios de Publicidade en Galego
O Parlamento de Galicia acolleu no mediodía deste venres a entrega dos galardóns convocados por Política Lingüística, a Cámara e o Foro Enrique Peinador