Os espazos naturais protexidos en Galicia: poucos e mal xestionados
A Sociedade Galega de Historia Natural publica un informe moi crítico co estado dos espazos naturais e a biodiversidade no país. Galicia é a comunidade autónoma cunha menor superficie incluída na Rede Natura 2000 e nos existentes prodúcese un gran "descontrol" nos seus usos.
Oxford acolle ata abril unha mostra do cinema galego contemporáneo
O ciclo, que comeza este venres coa proxección de O Apóstolo, está organizado polo John Rutherford Centre for Galician Studies coa colaboración do Galician Film Forum
"Boa e xenerosa": Pontevedra homenaxea a solidariedade veciñal fronte á represión franquista
O Concello organiza un acto o vindeiro luns para lembrar aquelas persoas que amosaron a súa solidariedade durante o golpe de estado e a ditadura dando agocho, comida, roupa limpa, acompañamento ou formación aos represaliados e vítimas do fascismo
GALERÍA | As rúas volven berrar contra a violencia machista
O Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller culminou con mobilizacións do movemento feminista en diversas vilas e cidades galegas
Galicia de negro e lila contra a violencia machista
Galicia tinxiuse de negro este 25 de novembro para protestar contra a violencia exercida polos homes contra as mulleres. Ducias de actividades desenvolvéronse esta semana, sobre todo este venres e sábado para denunciar esta lacra. Ademais, cidades e vilas acolleron mobilizacións dos colectivos feministas
Un salvavidas de golfiños varados inventado por estudantes de Vigo obtén o premio Galiciencia 2017
Un líquido contra a corrosión e un estudo sobre a diversidade de bolboretas obteñen o segundo e o terceiro posto
Máis de 218.000 sinaturas no Congreso piden que se ilegalice a Fundación Franco
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) únese ás iniciativas de En Marea e BNG e reclama aos deputados unha reforma da Lei de Fundacións para que non poidan ser legais as entidades que fan apoloxía do réxime fascista
Lugo acolle este domingo o partido de rugby feminino entre Galicia e Aragón
O goberno da Deputación lucense colabora coa Federación Galega na celebración deste evento cunha achega de 3.000 euros para promover o deporte feminino. O partido encádrase no Campionato de España de seleccións autonómicas.
O Colexio de Xornalistas chama a loitar contra a violencia machista "desde o interior dos medios"
A entidade reclama "un tratamento informativo axeitado" das agresións de xénero, e insta a todos os medios a adoptar "unha ollada transversal de xénero que achegue igualdade a todas as seccións"
Unha vaga de incendios queima ducias de hectáreas en pleno temporal en Galicia
As lapas queiman máis de 20 hectáreas en Ribadeo e no Bolo nunha xornada na que se rexistraron importantes focos en Xermade, Pantón ou Cerdido. O forte vento espallou o lume, a cuxa extinción axuda a feble chuvia caída.
A rapazada inventa: Dende lentes para cegos a un dispositivo para escorrentar xabaríns
Este xoves comeza en Ourense a 13ª edición de Galiciencia, na que participan 79 proxectos de 40 centros escolares de Galicia, Asturias, Cataluña, Euskadi e Andalucía, que se exporán ata o venres. A partir do 2018 a feira científica para escolares celebrarase no mes de maio, para adaptarse mellor ao calendario do alumnado
Piden instalacións dignas para o Arquivo Municipal de Vigo, que "debe saír do garaxe do Concello"
Difunden un manifesto que denuncia "a falta de persoal profesional", "a practicamente nula dixitalización" ou "o cativo espazo de traballo" e pide o seu traslado a "un lugar con dependencias óptimas para dar cobertura ás necesidades técnicas"