A banda da Loba e os irmáns Sobral gañan o certame aRi[t]mar de música galega e portuguesa
Os votos populares determinaron as cancións triunfadoras no concurso promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela. A seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até o 20 de maio.
A detención de Puigdemont atranca a axenda exterior do independentismo e dispara a tensión nas rúas catalás
A opción de responder á detención investindo a Puigdemont non conta co apoio de ERC, partidaria de explorar as posibilidades dun goberno de concentración. O presidente do Parlament reitera que hai que impulsar unha fronte común para defender "os dereitos e liberdades individuais e colectivas"
Fomento adxudicou contratos en Galicia por 30 millóns cunha fórmula ilegal que favorecía o 'dedazo' ás construtoras
Copasa, Taboada y Ramos, Geseco e Acciona obtiveron o mantemento das estradas estatais na Coruña, Lugo e Pontevedra cunha cláusula anulada polo Tribunal de Recursos Contractuais “por non ser conforme a Dereito”
O BNG pide a retirada dos residuos asfálticos holandeses que dende hai anos contaminan Cabanas
Malia existir unha condena contra o responsable da empresa e unha resolución de 2014 da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que daba tres meses para a súa eliminación, os refugallos continúan no mesmo sitio, no Polígono de Vilar do Colo, nas proximidades do río Baa.
'Dhogs' chegará ás salas comerciais o 17 de maio
A gran triunfadora dos Mestre Mateo, con 13 premios, paraticipará no prestixioso Festival de Cine Fantástico de Bruxelas e tamén nos de Frankfurt, Amsterdam e Estambul.
A policia alemá detén a Puigdemont na fronteira con Dinamarca
A operación produciuse ás 11:19 da mañá cando o ex presidente da Generalitat acababa de cruzar en coche a fronteira. O servizo de intelixencia español tiña localizado a Puigdemont e cando saíu de Finlandia informou á policía alemá. A detención prodúcese por mor da euroorde cursada pola xustiza española
"Crecemos ano a ano porque os contidos dixitais tamén o fan, unha nova forma de consumir audiovisual"
ENTREVISTA | Falamos con Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, que chega á súa quinta edición, convertido nunha referencia internacional na produción de contidos dixitais. Do 4 ao 7 de abril a vila acollerá proxeccións, cursos, concertos, encontros profesionais e repartirá 5.000 euros en premios
Unha masiva marcha pola sanidade pública en Verín di "non somos números, somos persoas"
Centos de persoas -3000 segundo a organización- participaron na manifestación, que alertou contra o "desmantelamento" do hospital comarcal
Feijoo saca peito coas renovables malia a desfeita no sector eólico causada polo seu Goberno
O presidente da Xunta destaca en Silleda "a firme aposta da Xunta por que Galicia siga á vangarda no sector das enerxías renovables" e promete a creación neste ámbito de 12.000 postos de traballo entre 2018 e 2020. A anulación do concurso eólico do Bipartito levou á paralización do sector.
A Xunta négase a achegar posturas co persoal de Xustiza en folga
"Se a intención do Comité de Folga é que exista unha nova proposta por parte da Xunta, esta non se produciría, polo que a nosa comparecencia non tería obxecto", di o director xeral de Xustiza nunha carta enviada aos sindicatos
O CCG insta a Xunta a incrementar o orzamento en Cultura do 0,65% ao 1% en catro anos
O órgano entregoulle ao conselleiro Román Rodríguez o documento Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI, no que analiza a situación do sector e suxire unha serie de actuacións para a solución dalgúns dos "signos negativos" detectados.
O novo sistema de acceso ás Cíes só reducirá un 6% o número de visitantes autorizados en tempada alta
Os grupos ecoloxistas urxen o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque, que iniciou esta semana o seu periodo de información pública. A Xunta prevé aprobalo no último trimestre de 2018, con 15 anos de atraso. As novas normas limitarán a 2.800 as entradas autorizadas (hoxe fixadas en 3.000). Introducirán por primeira vez, iso si, unha limitación nas Ons.