Pedro Sánchez anuncia en Sigüeiro que contactará con Podemos e Ciudadanos
O secretario xeral do PSOE participou na festa dos socialistas galegos, onde apoiou a Xaquín Fernández Leiceaga ante máis de dous mil militantes do PSdeG
Vigo volve saír á rúa pola sanidade pública
O 3 de setembro de 2015 200.000 persoas mobilizáronse contra as privatizacións, os recortes e as deficiencias no novo hospital. Un ano despois a cidade olívica acolleu unha nova marcha, que reiterou as denuncias e defendeu o carácter público da sanidade o rescate da xestión.
Véspera de Nada preséntalles aos partidos as súas propostas para unha Galicia sen petróleo
A entidade remitiulles un documento ás distintas forzas políticas, un plan estratéxico trasversal que afecta de maneira directa ou indirecta a todas as áreas de competencia da Xunta.
O paso da Vuelta por Galicia: impacto económico... e tamén ecolóxico
Catro grupos ecoloxistas denuncian a construción dun aparcadoiro na Vixía da Herbeira, en Santo André de Teixido, que tería afectado zonas protexidas, así como o lixo esparexido pola zona. O Concello de Cedeira viuse obrigado a convocar voluntarios para limpar.
O Deportivo da Coruña gaña a I Copa Deputación de Fútbol Feminino
Derrotou por 7-0 ao S.D. O Val de Narón. Na competición, que se celebraba por vez primeira, participaron 19 clubes de toda a provincia.
Villares garante apoio á "xestión pública completa" do hospital de Vigo se goberna
En Marea compromete co persoal da área sanitaria de Vigo un plan para recuperar os postos de traballo destruídos no Sergas
Pontón esgrime os concellos como mostra "do ben que fai as cousas o BNG cando goberna"
A candidata do Bloque asina con alcaldes, alcaldesas e edís unha vintena de "compromisos para levar adiante entre o Goberno galego e os gobernos locais". "Non basta con saber o que se quere facer, hai que saber facelo", advirte Fernández Lores.
O WOS repite: Máis música, cine e coloquios en Compostela
O festival celebrarase do 7 ao 11 de setembro, enchendo todos os recunchos da cidade con 40 eventos culturais de distintas disciplinas, cos concertos de Silver Apples ou Thee Oh Sees.
Leiceaga propón un plan de “retorno do talento”
O candidato socialista promete crear un Instituto Galego de Investigación como os que existen en Cataluña e País Vasco.
Poña outra de ración de Chanfaina!
Do 1 ao 4 de setembro celébrase en San Sadurniño a 3ª edición da Chanfaina’Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que pon en valor o territorio deste Concello a través dos traballos de creadores e creadoras audiovisuais galegas.
Nace o primeiro clube de lectura ecoloxista de Galicia
Este luns anunciouse o lanzamento de Terra Livre – Rede Ibérica de Espazos de Lectura Ecoloxista, que ten como obxectivo fomentar o estudo, a reflexión e o debate sobre ecoloxismo para formar os seus integrantes e aumentar a conciencia da sociedade. Está a crearse un nodo na Coruña.
A piscifactoría de Pescanova en Mira, un dos motivos da crise da Caixa Geral de Depósitos
A entidade pública portuguesa concedeu importantes créditos á empresa para a posta en marcha da planta, que resultou un fracaso. O nivel de exposición do banco á debeda da compañía galega é un dos máis elevados