"Son agrogay"
Este venres e sábado celébrase en Monterroso a terceira edición do Festival Agrogay da Ulloa, que incluirá concertos, representacións teatrais, e outras actividades. Lerase un Manifesto e entregaranse os premios á Visibilidade Agrogay.
O número de empregos en Galicia sitúase nos niveis de 1998
A pesar do crecemento experimentado dende 2014, o número de postos de traballo (uns 980 mil, medidos en xornadas laborais completas) segue por debaixo dos datos de hai 18 anos. A crise económica destruíu máis de 200 mil empregos
Veciñanza da comarca de Ordes mobilízase contra a construción do novo vertedoiro de Sogama
A asociación de veciños da parroquia de San Andrés de Lesta denuncia o proxecto, que relacionan co intento frustrado de instalar en Trazo unha planta para o tratamento de cinzas
O PP acepta agora un debate conxunto para as autonómicas tras vetalo nas últimas campañas
Feijóo di estar "disposto a debater con todas as forzas políticas" tras a proposta da CRTVG para reunir os líderes de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, que aceptan a oferta. En 2009 e 2012 negouse a debater cos líderes socialista e nacionalista.
Ferrol renuncia ao contrato e inicia a remunicipalización do subministro eléctrico
O goberno local presenta o informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia, que avala pór freo á anterior licitación por ser "prexudicial" para as arcas públicas. "O interese económico é claro", di o Concello, que consegue "o primeiro obxectivo da folla de ruta da remunicipalización de servizos"
O BNG demanda debates "a dobre volta" nos medios públicos
Reclama que a CRTVG "xogue o papel que lle corresponde" e organice estes debates en horarios de máxima audiencia
Villares aposta por comarcalizar Galicia, como di o Estatuto, en vez de fusionar concellos
En Marea promete cumprir o Plan Forestal de 1992, que prevía dedicar ao monte o 3% dos orzamentos totais da Xunta.
O PSdeG lanza a campaña poñendo énfase no galeguismo
Os socialistas lanzan o lema "Unha resposta nova" e o primeiro vídeo electoral de Leiceaga e reivindican "un partido máis socialista e máis galego".
A polémica polo cambio nas listas aviva a crise no PSdeG
Cinco candidatos afíns a Caballero renuncian a ir nas listas, nas que non ocupaban postos de saída. O alcalde de Vigo insiste en denunciar a "desatención" á súa cidade e o secretario provincial na Coruña acúsao de "estar sempre dando a vara coas críticas".
O día despois
Praza Pública
Democracia Ourensana tamén compite o 25-S e tería escano cos seus 14.000 votos das locais
Como Ciudadanos na Coruña, o partido de Jácome esperta incógnitas sobre a quen prexudicaría a súa irrupción no Pazo do Hórreo.
Ciudadanos recúa e evita que Baltar teña que deixar a Deputación
A formación de Rivera di agora que só esixirá a dimisión dos cargos estatais imputados por corrupción, e non dos autonómicos, provinciais ou locais. O acordo PP-C's di textualmente “calquera cargo público”.