Pontón contrapón as "guerras de poder" doutros partidos cun BNG "centrado nas propostas"
A candidata do BNG á presidencia da Xunta asegura que "é necesario superar o Estatuto e aplicar políticas na defensa do noso idioma e cultura" durante a presentación da candidatura pola Coruña.
Eu non son a túa cabeza de turco! (Sobre brigadistas e outros lumes)
Praza Pública
En Marea avala a Luís Villares como "único candidato" da confluencia
Presenta o seu aspirante á Xunta e advirte, en clara alusión a Podemos, de que a decisión "non ten volta atrás". 18 listas preséntanse ás primarias do espazo galego, incluídos membros da formación morada contrarios á estratexia da dirección galega de non diluírse no partido instrumental.
Dinamizando o rural
Praza Pública
Cristina Losada, elixida candidata de Ciudadanos á Xunta
A xornalista foi a única aspirante da formación laranxa en conseguir os avais mínimos requiridos para as primarias.
En Marea amplía o prazo das primarias para "facilitar" a integración de Podemos
Aumenta en 24 horas o tempo para presentarse ao proceso para que a formación morada se incorpore "en pé de igualdade e aceptando os acordos políticos da Marea Constituínte". Buitrón insiste en apoiar a unidade con En Marea e Bescansa di apoiar "sen dúbida" a dirección galega.
O PSdeG lanza o seu comité electoral para unha campaña "mobilizadora e de rúa"
Os socialistas reúnen por primeira vez o equipo electoral, no que Lage Tuñas dirixirá unha campaña centrada en evidenciar "a trampa e ficción" que representan PPdeG e Feijóo "tras sete anos de recortes, retroceso e parálise".
Podemos insiste no seu camiño á marxe de En Marea e fai "máis difícil" a confluencia
"Parece que se nos quere empurrar a cousas que non podemos levar a cabo", asegura Carmen Santos, que lembra que "ir xuntos non sempre suma", tras lanzar a súa propia candidata á Xunta. As mareas advirten á formación morada que ten poucas horas para concorrer a un único proceso.
Os éxitos olímpicos galegos: do fútbol en 1920 á lenda de David Cal
Galicia suma máis dunha ducia de metais nos Xogos, un palmarés que pode aumentar desde esta fin de semana nunha nova edición en Río: Desde os pioneiros en Amberes 1920 ata o récord do padexeiro de Cangas, pasando por Misioné, Pérez Rial, Romay, Gómez Noya ou os triunfos na vela.
Feijóo pide non conformarse con gañar "por incomparecencia do rival" e di ser "militante de Galicia"
O presidente da Xunta carga contra as mareas e alerta do "infantilismo político histórico" en España que contrapón á "estabilidade" no país
A Pardiñas ou a Zas? A primeira fin de semana de agosto pide ubicuidade
Pardiñas, a Festa da Carballeira, o SonRías Baixas ou o Noroeste enchen Galicia de música de todos os estilos nunha fin de semana cargada de festas e romarías
A "saída de ENCE da ría", eixo do programa do BNG "para a Galiza do século XXI"
O país "non necesita un goberno en fuga como o que tivemos estes sete anos", di a candidata do Bloque, que está a presentar diversas propostas sectoriais en concellos gobernados pola formación nacionalista.