Gandeiros volven á rúa ante o "papel mollado" no que virou o acordo lácteo
Medio milleiro de gandeiros maniféstanse en Lugo un ano despois das grandes mobilizacións e fartos de "compromisos que benefician só a algúns". Advirten do peche de 600 granxas nun ano e reclaman solucións. O SLG denuncia en Bruxelas as medidas da UE contra a crise láctea.
Cando unha execución hipotecaria se engade a unha situación de malos tratos
Este martes comezou na Coruña o xuízo contra un home acusado de agredir á súa parella e violar as súas fillas. A muller enfróntase a un posible desafiuzamento que non pode evitar, ao estar a vivenda a nome do agresor e necesitar a súa sinatura para acceder á dación en pagamento.
Villares presenta ENCE como símbolo dun PP "tóxico" e promete o saneamento das rías
"Temos políticos tóxicos para Galicia e ata agora Feijóo foi a súa peor bacteria", di o candidato de En Marea á Presidencia, que ve na pasteira a mellor mostra das "portas xiratorias" do PP en Galicia
Pontón compromete a recuperación dos docentes recortados e do préstamo de libros de texto
O BNG defende a xestión directa dos comedores escolares e pon como exemplo as escolas infantís de Ames
Tosta: punto de encontro da diversidade lingüística da Europa atlántica
Rianxo acollerá os días 9, 10 e 11 de setembro este festival itinerante que xa percorreu Irlanda, Cornualles, Frisia, Escocia e Gales e que rematará en Euskadi como parte do programa de Donostia Capital Europea da Cultura 2016.
Colectivos animalistas celebran o "compromiso" de PSdeG, En Marea e BNG contra a tauromaquia
Galicia, Mellor Sen Touradas e LIBERA! destacan a "probable opción" de rematar con esta práctica en Galicia despois do 25S.
Rivera afirma que "se de Ciudadanos depende, Galicia terá un goberno estable e reformista"
O líder da formación laranxa apoiou cun acto na Coruña a súa candidata á Presidencia da Xunta, Cristina Losada, e reafirmou a aspiración do seu partido a "dialogar coa vella política" e ser bisagra.
Unha axuda para libros de texto que non o é tanto
Eva Martínez, candidata do PSdeG-PSOE, acusa a Xunta de discriminar o alumnado que recibe os exemplares que gardan os centros para as familias que teñen dereito a recibir axuda, xa que non os modificaron en función dos cambios establecidos pola LOMCE.
Afectados pola anulación do PXOM de Vigo dinlle ao Concello que “os atallos non serven”
Para a plataforma de afectados pola anulación do Plan Xeral, a estratexia que o Goberno que dirixe Abel Caballero pretendía poñer en marcha "suporía unha aberración xurídica e desembocaría, tarde ou cedo, en novos problemas de legalidade e de inseguridade xurídica"
Pontón, disposta a practicar a "insubmisión" con aquelas leis "que causan dor e sufrimento"
A candidata do BNG afirmou en Rianxo que a súa formación "é a candidatura que confía en Galiza sen tutelas nin sucursalismos”.
O PP de Valga, investigado por cobros irregulares pola asistencia a reunións
A denuncia por malversación presentada polo PSdeG-PSOE foi admitida a trámite polo xulgado de primeira instancia. Alcalde e concelleiros populares poderían ter cobrado de forma ilegal milleiros de euros das arcas municipais dende o ano 1991.
En Marea denuncia "presións" do PP para abrir un Centro de Saúde en Ourense en campaña electoral
Sinala que malia que o Concello de Ourense non concedera licenza aínda o SERGAS pretendía abrir o Centro de Saúde do Couto este luns, "obviando a legalidade e os informes técnicos".