O malditismo, de Baudelaire a Cobain ou Panero, na Cidade da Cultura
O Gaiás acollerá o vindeiro sábado 28 de xuño unha xornadas de debate sobre Malditos, transgresores, inadaptados… A excentricidade como pauta de vida, coa participación de Vicente Molina Foix ou Bieito Iglesias. Trátase da derradeira cita do ciclo Nexos
Vigo tínxese de lila en demanda do dereito ao aborto
Máis dun milleiro de persoas participaron na mobilización convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. O PSOE vén de esixirlle ao Goberno que remita a súa contrarreforma ao Consello de Estado.
Os insectos polinizadores achéganlle máis de 130 millóns de euros anuais á agricultura galega
Xosé Veiras publica no blog Un claro no bosque unha análise da importancia económica das abellas para as producións agrarias, na que critica os efectos dos insecticidas nas abellas, e defende a agricultura ecolóxica.
Coia: tempo de festa e tempo de reflexión sobre o pasado do barrio
O vindeiro 21 de xuño, coincidindo coa festa da Bouza, o blog Alicerces e a ODS de Coia organizan un faladoiro no que tres habitantes do barrio dende hai décadas, Ángel Vila, Manolo Pipas e Marisa Andrade, falarán sobre a evolución deste espazo.
A Informatica galega celebrou a súa gran 'noite'
Na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo CPEIG, o pontevedrés Adrián Pérez Diéguez gañou o Premio Proxecto Fin de Carreira. O Premio Ada Byron foi Bertha Guijarro Berdiñas. Igalia levou o Premio Iniciativa Empresarial
Tragsa comeza a recoller lixo en Lugo con protección policial
Os traballadores de Urbaser denuncian que a contratación de Tragsa "vulnera o dereito de folga". A empresa pública comezou este sábado a recoller residuos no centro da cidade, contratada polo Concello
Máis da metade do Goberno compostelán serán edís non electos
Agustín Hernández anunciou a composición definitiva da coporación, na que hai sete concelleiros e concelleiras non elixidos pola cidadanía, entre eles a senadora María Jesús Sainz ou a actual directora do IGVS, Teresa Gutiérrez. Ángel Currás tamén se mantén no grupo.
O Comité Cidadán denuncia que a produción de Reganosa caeu un 57% no último ano
Segundo o publicado por Enagás a produción no mes de maio da planta situada no interior da ría de Ferrol foi do 16%, unha diminución do 57% con respecto do mesmo mes do 2013 (38%). A plataforma lembra que a planta ten un custe de 60 millóns de euros anuais en cartos públicos.
O Poder Xudicial aproba o informe conservador sobre o recorte do dereito ao aborto
O ditame, que apoia a contrarreforma do PP pero pide despenalizar o aborto se o feto é inviable, recibiu 10 votos a favor, 8 en contra e 3 abstencións. Este domingo Vigo acollerá unha nova manifestación polo dereito da muller a decidir.
Os traballadores de recollida do lixo en Lugo non cumprirán os servizos mínimos "abusivos" do 100%
A folga comezou este mércores e intensifica nesta fin de semana os seus efectos, coincidindo coa celebración do Arde Lucus. Os empregados de Urbaser demandan un convenio "digno" e a readmisión de 12 persoas, que foron despedidas.
O Festival de Cine Rural Carlos Velo presenta os seus dez finalistas
Entre o 20 e o 22 de xuño celebrarase en Cartelle o I Festival Internacional de Cine Carlos Velo, un encontro de cinema centrado en curtametraxes, de ficción e documentais, sobre o mundo rural
O Congreso aproba sen sorpresas a sucesión na monarquía
Houbo 299 votos a favor da lei de abdicación, 19 en contra e 23 abstencións. PP e PSOE apoiaron sen fisuras o proceso, mesmo entre os socialistas, nos que tan só Odón Olorza se abstivo e Guillem García se absentou. A Esquerda Plural, ERC e BNG votaron en contra.