Os novos recortes da Xunta incrementan a presión sobre as bibliotecas
O Goberno galego reduce de 500.000 a 80.000 os fondos para bibliotecas, deixando sen axudas os centros das cidades. O libro en galego pasa de recibir 350.000 euros a menos de 30.000.
Comuneiros de Cabral denuncian o gasto "sen consulta previa" de 1,15 millóns de euros nunha senda no Lagares
O presidente da comunidade de montes, Luis Rodríguez, imputado por apropiación indebida, iniciou as obras con fondos da entidade sen contar coa aprobación dos seus membros.
Leopoldo Nóvoa: O galego que pintou as paredes do mundo
Dous anos despois do pasamento do artista, inaugúrase unha páxina web que propón un amplo percorrido pola súa vida e a súa obra a través de 200 imaxes. Criouse entre Galicia e Uruguai, onde se conservan numerosas creacións del, ao igual que en Francia.
Brasil celebra eleccións, con Dilma Rousseff como favorita e a incógnita da segunda volta
As últimas sondaxes outórganlle á actual presidenta o 45% dos votos válidos, insuficientes para evitar unha segunda volta que se celebraría o 26 de outubro. O neoliberal Aécio Neves (27%) e a ambientalista Marina Silva (24%) chegan moi igualados na loita polo segundo lugar.
Mareas: Coñecerse para avanzar xuntas
As candidaturas cidadás da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Ames e Culleredo participan na xuntanza convocada pola Marea Atlántica para poñer en común experiencias e métodos de traballo
Fiare: "Algún músculo máis. O corazón de sempre"
A entidade de banca ética vén de inaugurar a súa primeira sede física, en Bilbao e vai comezar a ofrecer produtos bancarios ás 5.000 persoas e entidades socias da cooperativa en toda España. Fiare Galiza celebrará unha Xornada Informativa o sábado 18 en Lugo.
Sete días de rebeldía e pallasos en Lugo
Entre o sábado 4 e o sábado 11 a cidade encherase de espectáculos de clown, pasarrúas e obradoiros, nunha nova edición do Festival Internacional Festiclown Lugo.
O GPUL organiza as súas XIII Xornadas Libres na UDC
O evento celebrarase do 8 ao 10 de outubro na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, centrándose na difusión do hardware, software e a cultura libre en xeral.
Curtopia: O audiovisual como arma social
Este sábado e domingo celébrase no alg-a lab de Valadares (Vigo) o Festival de Curtametraxes Curtopía, centrado na curtametraxe social. A loita contra os desafiuzamentos, a xentrificación urbana ou unha retropectiva documental de Antonio Caeiro, entre os contidos
Sete de cada dez galegos e galegas usan Internet, pero mantense a fenda coa media estatal
Un de cada catro galegos e galegas (25,9%) mercou a través de Internet nalgún momento nos últimos tres meses, segundo os datos do INE
Besteiro aposta pola reforma constitucional para o encaixe das "comunidades históricas"
O secretario xeral do PSdeG inicia en Barcelona unha "rolda de contactos" cos novos líderes socialistas de Catalunya e Euskadi e enmarca a defensa da reforma constitucional na "aposta polo valor do galeguismo e de Galicia como comunidade histórica"
Os galegos con tarxetas 'negras' de Caja Madrid
A relación de persoas que, segundo a documentación que investiga Anticorrupción, cobraron sobresoldos irregulares da entiade madrileña, inclúe cando menos tres nomes de orixe galega, todos eles vinculados ao mundo político e empresarial.