A Plataforma Sarriana ve nas multas por manifestarse "un acto desesperado" da Confederación Hidrográfica
O colectivo cidadán recada cartos para facer fronte aos 35 expedientes sancionadores impostos pola Subdelegación do Goberno en Lugo a outras tantas persoas por participar nas mobilizacións, e que suman 20.550 euros.
As contratacións estivais reducen o paro en 11 mil persoas
O paro baixa en xuño en 122.684 persoas no conxunto de España e queda nunha cifra total de 4.449.701, con 56.622 novos afiliados e afiliadas á Seguridade Social, sobre todo en hostalaría e comercio. En Galicia o paro descende en 11.134 persoas, até as 252.310. A taxa de cobertura redúcese até o 57%
O profesor da USC acusado de homofobia volverá dar clases o vindeiro curso
O docente fora suspendido de emprego e soldo polos seus comentarios homófobos e machistas. Un grupo de estudantes da Facultade de Maxisterio pide a súa expulsión definitiva, o mesmo que o Consello Comarcal de EU Compostela e ALEAS-EU.
Lugo inicia o proceso para elaborar o primeiro orzamento participativo nunha deputación
Ao longo do mes de xullo haberá nove xuntanzas en toda a provincia, nas que poden participar todos os veciños e veciñas. Entre agosto e setembro unha comisión técnica da Deputación analizará as propostas da cidadanía, que tamén de poden realizar a través da web.
Comeza a tempada de alto risco de incendios con alertas de "grave desorganización" nos equipos de extinción
Os profesionais do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais critican que a Xunta impoña un modelo "fragmentado, desorganizado e non consensuado" e esixen "un sistema único, profesionalizado e público"
Galicia sufriu máis de 12 mil desafiuzamentos dende 2008
O INE fixo públicos este luns os datos de execucións hipotecarias correspondentes ao primeiro trimestre, cun total de 444 en Galicia, 332 sobre vivendas de persoas físicas. Dende o inicio da crise todos os anos foron expulsadas máis de mil familias galegas das súas casas, cun máximo en 2012 (3.511)
Os sindicatos piden a dimisión do conselleiro de Educación pola súa actuación no concurso de traslados
A Consellaría tivo que acatar a sentenza xudicial que a obriga a baremar de novo milleiros de mestres e a non puntuar os anos traballados como interinos. CIG, CC.OO. e UGT cualifican de "irresponsable" e "neglixente" a Jesús Vázquez.
Baltar, "convencido" de que non cumpría "publicitar" os postos dos seus presuntos enchufados
Comeza o xuízo contra o ex presidente da Deputación de Ourense por un presunto delito de prevaricación continuada. A denuncia, formulada polo PSdeG e asumida pola Fiscalía, refírese a 104 contratos realizados en datas próximas ao congreso do PP de 2010, na que o antigo barón popular foi substituído na presidencia polo seu fillo.
O PSdeG avala máis a Sánchez que a Madina, vencedor en Ourense
Pedro Sánchez é o candidato máis avalado no conxunto do Estado. O apoio colleitado polo deputado vasco na provincia ourensá é interpretado como unha mostra de fortaleza dos afíns a Pachi Vázquez.
Facendo cidadanía nas festas de San Pedro
Colectivos sociais intercambian experiencias e debaten o futuro das cidades, dos barrios e dos movementos sociais no Espazo Cidadán das festas do barrio compostelán de San Pedro. Galería de imaxes no interior.
Paso a paso por unha orgullosa diversidade
O Día do Orgullo desenvólvese neste 2014 tras a aprobación no Parlamento da recortada lei polos dereitos do colectivo LGTBI, que supuxo que o PP aceptase abertamente por primeira vez o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Mapa aberto cos actos do día no interior.
A folga do lixo en Lugo podería estenderse a Compostela
O Comité de Empresa de Urbaser na capital galega, que tamén negocia coa compañía o seu novo convenio, debate a posibilidade de convocar folga indefinida. En Lugo Urbaser despediu once traballadores e suspendeu de emprego e soldo outros 66, acusándoos de incumprir os servizos mínimos.