As reformas en Cuba, unha visión desde dentro
Tempo Exterior, a revista de análise internacional do IGADI, dedícalle o seu número 28 de forma monográfica á actualidade política cubana, particularmente ao proceso de reformas iniciado a partir de 2008 polo presidente Raúl Castro.
O tren da liberdade das mulleres: "forza e valor para loitar e decidir"
O Colectivo de Mulleres Cineastas espalla o documental elaborado na mobilización na que o pasado 1 de febreiro persoas de todo o Estado rexeitaron a contrarreforma da lei do aborto que impulsa o Goberno central. Filme íntegro no interior.
Lugo intervén a recollida do lixo e o persoal ve a porta aberta a prescindir de Urbaser
A ruptura das negociacións deriva na intervención directa do Goberno de Orozco, que segundo o persoal debera ser un "convite" para que a empresa do grupo ACS "marche de Lugo". Audio e vídeo no interior.
Un gran paso contra a impunidade das grandes empresas
Praza Pública
"Hoxe somos nós, pero mañá pode tocarche a ti"
Colectivos sociais da Coruña convocan unha manifestación este sábado co lema "Reprímennos a nos para asustarte a ti" para denunciar a "criminalización da protesta". Subliñan o acoso policial contra o 15M de Montealto ou que Stop Desafiuzamentos ten nove persoas encausadas e máis de 7000 euros en multas
O Concello da Coruña, á desesperada, adía a feira taurina até outubro
Despois de que quedase deserto o concurso para organizar o espectáculo en agosto, o Goberno municipal vén de anunciar que as touradas poderían celebrarse en outubro, na festividade do Rosario, se hai algunha interesada en facelo, a través dun novo concurso.
A Xunta repartiu un millón 'a dedo' entre os medios de xaneiro a abril
O Goberno galego achegou 388.000 euros de normalización lingüística a medios en castelán a través de convenios bilaterais. A maior parte das axudas do Executivo á prensa prodúcense sen concorrencia competitiva, segundo o Consello de Contas.
O Día das Galegas nas Letras, dedicado a Dorothé Schubarth
A plataforma de crítica literaria A Sega convoca a edición inaugural desta conmemoración, que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego, será homenaxeada o 15 de agosto
Mira: a febre dos peixes planos que acabou en fracaso
Pescanova inicia o proceso para desfacerse da macroplanta acuícola que inaugurou en 2009 en Portugal. A multinacional galega encargoulle a Pricewaterhouse a venda das súas accións, despois de ter investido máis de 200 millóns de euros.
Aumenta a polémica pola escolla de Filgueira Valverde para as Letras 2015
Ademais do rexeitamento expresado este domingo pola Mesa pola Normalización Lingüística, Manuel Rivas ou Bernardo Maiz (que promoveu a candidatura de Carvalho Calero), critican a decisión. Pola contra, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, afirma que "non hai discusión posible"
Un manifesto chama a política a axustarse "aos límites ecolóxicos do planeta"
Entre os 250 asinantes iniciais hai un bo número de galegos e galegas: Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda, Yolanda Díaz, Xavier Simón, Xan Duro, César Santiso, Xoán Ramón Doldán, Xavier Vázquez Pumariño, Martiño Noriega, Enrique Pérez Lijó ou María Xesús Boo.
A Mesa pídelle á RAG que "rectifique" a decisión de dedicarlle as Letras a Filgueira Valverde
Para a entidade "é un insulto a todas as persoas que padeceron con exilio, prisión e morte a defensa da lingua e cultura galegas" e chama á sociedade galega "a se organizar" para que "o Día das Letras Galegas siga a ser unha xornada de reinvindicación do noso idioma"